AD

Comarca

2577 Resultados / Página 66 de 287

Fondo
AD

Actualidad

Una colisión entre un turismo y un camión deja un herido en la N-550 a su paso por Sigüeiro

Un accidente de tráfico registrado este martes en Sigüeiro provocó retenciones durante varias horas en la carretera N-550. El siniestro tuvo lugar a las 16:10 horas, a la altura del kilómetro 50,3, y en él se vieron implicados un turismo y un camión. Según las primeras informaciones, el conductor del turismo podría haberse quedado dormido al volante, lo que habría causado la colisión contra el camión. Como consecuencia del impacto, una persona resultó herida leve y fue trasladada al Complejo […]

today22 diciembre, 2025

Comarca

Reclaman a humanización da N-550 ao seu paso por Escravitude, en Padrón

O Bloque Nacionalista Galego demanda ao Goberno do Estado a posta en marcha dun plan integral para a humanización da estrada N-550 ao seu paso polo núcleo de poboación de Escravitude, no termo municipal de Padrón. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, e a voceira municipal, Beatriz Rei, lembran que esta é unha demanda histórica da veciñanza que continúa sen unha resposta efectiva malia as reiteradas reclamacións realizadas nos últimos anos. A N-550 atravesa o núcleo histórico de […]

today22 diciembre, 2025

Actualidad

O goberno local de Boiro pisa o acelerador en vivenda, cultura e emprego

José Ramón Romero destaca o premio estatal da FEMP polo proxecto educativo Enclave, a forte aposta pola vivenda social e a maior reforma cultural da historia recente do municipio, cun investimento de preto de 4 millóns de euros. O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, fixo balance da actualidade municipal nunha entrevista radiofónica na que puxo o foco na educación, a acción social, o emprego público e a cultura como piares fundamentais da acción de goberno. O rexedor amosouse “orgulloso” […]

today22 diciembre, 2025

Actualidad

Peixes e mariscos galegos, do mar á mesa en menos de 24 horas: o modelo de éxito de Ángel Mar

O responsable da cetaria boirense aposta pola calidade, a innovación e a defensa do marisco da ría da Arousa nun contexto de caída da produción A empresa familiar Ángel Mar, con sede en Boiro, converteuse nun referente do sector do mar en Galicia pola súa firme aposta polo produto local, a innovación nos procesos de depuración e a continuidade xeracional. Así o explicou o seu responsable, Ángel Mariño, nunha entrevista concedida a Radio Líder Santiago, na que fixo un repaso […]

today22 diciembre, 2025

Actualidad

Éxito rotundo da II Papanoelada de Arzúa pese ao frío e á chuvia

Arzúa, 22 de decembro de 2025.- A II Papanoelada de Arzúa, organizada pola Concellería de Turismo do Concello de Arzúa e coordinada por Begoña Balado, celebrouse onte cun importante éxito de participación, malia as baixas temperaturas e a presenza intermitente da chuvia durante toda a mañá. A xornada, pensada para desfrutar en familia e cun marcado ambiente de Nadal, deu comezo ás 10:00 horas coa papanoelada cicloturista. Un primeiro percorrido de 16 quilómetros no que non faltaron o bo ambiente, […]

today22 diciembre, 2025

Comarca

O Pino destinará ao SAF os 93.778 € do POS+ adicional para gastos sociais extraordinarios

Servirán para rebaixar a achega de 243.000 euros que se prevé terá que facer o Concello para sufragar as 25.000 horas de atención previstas No último pleno ordinario do ano tamén se aprobou o proxecto para senda peonil de Regas ao cruce de Casal cun orzamento de 118.158 euros O Pino. 22-12-2025.- O Concello do Pino destinará a sufragar o Servizo de Axuda no Fogar os 93.778,69 euros que lle corresponden da achega provincial do POS+ Adicional para gastos sociais […]

today22 diciembre, 2025

Actualidad

Unha muller resulta ferida tras un atropelo en Bertamiráns

Un suceso ocorrido a primeira hora da mañá mobilizou os servizos de emerxencia en Bertamiráns, logo de que unha muller fose alcanzada por un vehículo na rúa Alcalde Lorenzo. Ata o punto do accidente desprazáronse efectivos do Grupo de Emerxencias de Brión e da Policía Local de Ames, que se encargaron de regular o tráfico e facilitar a intervención sanitaria. A ferida foi atendida no propio lugar dos feitos e trasladada posteriormente nunha ambulancia do 061 a un centro hospitalario. […]

today21 diciembre, 2025

Actualidad

As axudas municipais impulsan novos negocios e reabren baixos comerciais en Rianxo

O Concello de Rianxo vén de resolver a primeira convocatoria da liña municipal de axudas destinada a apoiar a actividade comercial e a posta en marcha de novos negocios no municipio, unha iniciativa que no que vai de 2025 mobiliza un total de 20.000 euros. Por unha banda, mantense aberta unha convocatoria de 10.000 euros dirixida ás asociacións empresariais, co obxectivo de dinamizar o comercio local a través de accións colectivas que reforcen o tecido económico da vila. Trátase da […]

today21 diciembre, 2025

Actualidad

Ames cede seis parcelas para construír máis de 200 vivendas protexidas no Milladoiro

O Concello de Ames celebrou este venres, 19 de decembro, un pleno extraordinario no que saíu adiante o Plan económico-financeiro para o período 2025-2026, así como un recoñecemento extraxudicial de crédito por importe de 61.259,60 euros. Na mesma sesión aprobouse por unanimidade a cesión de seis parcelas municipais á Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (VIPUGAL) para a construción de vivenda de protección oficial no Milladoiro . No primeiro punto da orde do día, a Corporación abordou o recoñecemento extraxudicial […]

today19 diciembre, 2025

AD