AD

Destacado

2278 Resultados / Página 27 de 254

Fondo
AD

Destacado

Santiago prepárase para a borrasca Pedro, a décima do inverno no territorio galego

Galicia volve mirar ao Atlántico con preocupación. A chegada da borrasca Borrasca Pedro traerá un novo episodio de inestabilidade marcado por ventos moi fortes, choivas persistentes e un importante temporal marítimo que afectará especialmente á fachada atlántica. Segundo os últimos modelos meteorolóxicos, as xornadas máis complicadas serán mércores e xoves, cando se agardan as condicións máis adversas. No cómputo das borrascas de alto impacto que afectaron directamente a Galicia e ao conxunto de España desde o comezo do ano, Pedro […]

today17 febrero, 2026

Destacado

Rúas ateigadas para celebrar o gran día do Entroido en Compostela

O Desfile-Concurso do Entroido de Santiago converteuse este ano nun auténtico éxito de participación e ambiente, confirmándose como unha das citas máis agardadas do calendario festivo compostelán. Centos de persoas tomaron parte nunha comitiva que arrancou ás 17.30 horas desde a avenida de Ferrol, enchendo de cor, música e creatividade as rúas Frei Rosendo Salvado, praza Roxa, República do Salvador, Hórreo e Senra, ata rematar na avenida de Xoán Carlos I. Ao longo de todo o percorrido, milleiros de veciños […]

today17 febrero, 2026

Comarca

Carlos Martínez, alcalde de Vedra: «A política municipal é escoitar e dar resposta»

O rexedor defendeu en Radio Líder Santiago un modelo de crecemento ordenado e sostible, baseado na planificación urbanística, a creación de oportunidades laborais e o reforzo dos servizos municipais para fixar poboación e garantir calidade de vida. O alcalde de Carlos Martínez fixo balance da situación actual do Concello de Vedra nunha entrevista en Radio Líder Santiago, na que debullou os principais retos e proxectos do municipio. Ao longo da conversa, Martínez puxo o acento nun modelo de crecemento “ordenado […]

today17 febrero, 2026

Destacado

Chega a Santiago o desfile do martes de Entroido con 16.000 euros en premios

Carrozas, comparsas e charangas concentraranse dende as catro e media da tarde do martes na avenida de Ferrol, para comezar unha hora máis tarde o desfile de Entroido. Unha vez rematado o percorrido, as persoas participantes concentraranse na Sala Capitol, onde a partir das 20.00 horas terá lugar a actuación da charanga Ardores, e, posteriormente, ás 21.00 horas, a entrega dos premios, das mans da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; a concelleira de Festas, Pilar Lueiro; e outros membros da […]

today17 febrero, 2026

Comarca

“Están intransitables”: O Pino impulsa unha denuncia conxunta contra o abandono das nacionais

O alcalde reivindica os investimentos do POS, conxela a taxa do lixo para evitar “unha salvaxada” aos veciños e impulsa vivenda pública, residencia de maiores e a promoción do Camiño Francés O alcalde do Pino, Manuel Taboada, repasou en Radio Líder Santiago a actualidade municipal nunha entrevista marcada pola reivindicación, o balance de xestión e os proxectos de futuro. Nun contexto de fortes chuvias e co inicio do exercicio xa en marcha, Taboada debullou investimentos, explicou decisións polémicas como a […]

today16 febrero, 2026

Arte y Cultura

A tradición dos Atranques resiste en Sergude pese ao temporal

Boqueixón, 16 de febreiro de 2026.- Aínda que a meteoroloxía quixo ser a protagonista da xornada, as gañas de Entroido e de festa da veciñanza impuxéronse a unha chuvia continua e intensa durante toda a xornada. Algo que agradeceron especialmente dende a Comisión de Festas de Lamas (Sergude), con mención especial para as persoas que percorreron a parroquia durante a mañá formando parte dos Correos, Xenerais e Comparsas cos seus cantos de taberna e acompañados polo grupo local “Son de […]

today16 febrero, 2026

Actualidad

O Camiño Francés reivindica o seu papel como referente da cultura Europea

Por primeira vez, nos seus 25 anos de vida, a Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, recibe na aldea de Ribadiso, sitio emblemático e de paso obrigado na peregrinaxe a Santiago, a Eurodiputados galegos, D. Francisco Millán Mon e D. Nicolás González Casares foron recibidos pola presidenta, Begoña Balado Conde e os representantes dos once concellos que integran a Mancomunidade. O obxectivo central desta visita, foi a celebración dun acto no que a Presidenta da Mancomunidade deu lectura a […]

today14 febrero, 2026

Comarca

Ovidio Rodeiro reivindica o investimento histórico en saneamento e pon en valor o músculo festivo de Boqueixón

O alcalde debulla na radio os grandes proxectos en marcha —2 millóns para completar o saneamento, novas Casas do Maior e melloras en infraestruturas— mentres anima a participar na Festa da Filloa e no Entroido de Sergude O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, fixo balance da actualidade municipal nunha entrevista radiofónica na que combinou reivindicación institucional, datos de investimento e unha firme defensa das tradicións locais. Nun momento clave do calendario, coa Festa da Filloa de Lestedo en marcha e […]

today14 febrero, 2026

Comarca

Blas García: “O Milladoiro vai vivir a maior transformación da súa historia”

O alcalde de Ames aborda a negociación duns orzamentos históricos de 38 millóns de euros, admite aspectos mellorables na humanización do Milladoiro pero lembra que se conseguiu suprimir o paso duns 10.000 vehículos diarios, e anuncia novos investimentos en vivenda, equipamentos e rural, ademais da celebración dun Campionato do Mundo que situará o municipio no mapa internacional. O alcalde de Ames, Blas García, pasou polos micrófonos de Radio Líder Santiago nunha entrevista na que repasou os principais retos do Concello: […]

today13 febrero, 2026

AD