AD

Noticia Líder

978 Resultados / Página 18 de 109

Fondo
AD

Actualidad

O compostelán Tomás Porteiro presenta ‘Seres queridos’ cun concerto íntimo no Modus Vivendi

O músico compostelán Tomás Porteiro foi o protagonista dunha nova edición do programa radiofónico Planetario, onde repasou a súa traxectoria musical e falou do seu novo disco, Seres queridos, un traballo que marca unha etapa máis íntima e persoal na súa carreira. Durante a conversa, o artista abordou tamén a evolución do seu proxecto en solitario, a experiencia tras o final da banda Sinestesia e o proceso creativo que deu forma ás novas cancións. O compositor explicou que este disco […]

today4 marzo, 2026

Actualidad

Graciela Castro: “Onda Chicha é unha comunidade preciosa que non deixa de medrar”

A iniciativa impulsada por Radio Líder Santiago e Chichalovers alcanza o seu ecuador cunha quinta convocatoria de récord en inscricións, tras superar os 2.200 votos do público na edición anterior, e prepara o ChichaFest do 13 de xuño na Sala Capitol Onda Chicha chega ao seu ecuador consolidando unha rede de talento arredor da música emerxente en galego. Trátase dun proxecto creado para impulsar, visibilizar e apoiar novas bandas e artistas galegos, ofrecéndolles espazos de promoción e oportunidades profesionais. Promovido […]

today4 marzo, 2026

Destacado

A auga e o nome dun colexio incendian o ‘Hai Debate’ de Radio Líder Santiago

O último Hai Debate en Radio Líder Santiago converteuse nun escenario de forte confrontación política arredor de dous asuntos clave: o futuro modelo de xestión do ciclo integral da auga e o cambio de denominación do CEIP Apóstolo Santiago. Dúas cuestións distintas que acabaron retratando a profunda división entre goberno e oposición. O contrato da auga, encallado O debate máis técnico e de maior impacto económico foi o relativo ao ciclo integral da auga, un servizo que require importantes investimentos […]

today3 marzo, 2026

Audiencia

Radio Líder Santiago alcanza 5,4 millóns de visualizacións mensuais en redes

Radio Líder Santiago continúa a consolidar a súa presenza nas redes sociais cun novo impulso nos seus datos dixitais. Os contidos publicados en Facebook e Instagram acadaron preto de 5,4 millóns de visualizacións nos últimos 28 días, confirmando a tendencia ascendente da emisora baixo a dirección do grupo Dezasete Media, cando se cumpren algo máis de dous anos desta nova etapa de xestión. Facebook medra un 35,4 % e supera os 3,7 millóns de visualizacións No caso de Facebook, a […]

today2 marzo, 2026

Destacado

Será Pedro Blanco o candidato socialista en Santiago? Aitor Bouza pronúnciase

O secretario xeral do PSdeG-PSOE en Santiago e deputado no Parlamento galego defende reforzar a Atención Primaria en 48 horas, esixe responsabilidades polo colapso sanitario e carga contra o “desgoberno” municipal mentres o partido prepara as primarias. O secretario xeral dos socialistas composteláns e deputado no Parlamento de Galicia, Aitor Bouza, fixo balance dos seus primeiros catro meses na Cámara autonómica cunha mensaxe clara: a prioridade é a sanidade pública e, máis concretamente, o colapso das urxencias e da Atención […]

today2 marzo, 2026

Actualidad

Lucía Pérez celebra 20 anos de carreira, 15 de Eurovisión e 40 de vida: “Estou máis viva que nunca”

A artista do Incio reivindica a súa esencia nun momento “pleno” marcado por un triplo aniversario e unha nova etapa musical Lucía Pérez non mira atrás con nostalxia, senón con aprendizaxe. A cantante galega celebra 20 anos de carreira, 15 da súa participación en Eurovisión e 40 anos de vida cun novo tema que mestura raíz mexicana e pop electrónico. “Diga o que me diga, vou seguir sendo eu para toda a vida”, proclama convencida, convertendo a canción nunha declaración […]

today2 marzo, 2026

Actualidad

Pablo Lago: “A Xunta cumpre con Brión en tempo e forma; a Deputación ten moito que mellorar”

O alcalde defende os avances en infraestruturas, carga contra a falta de axilidade da Deputación e marca seis meses para avaliar se volverá presentarse ás eleccións O alcalde de Brión, Pablo Lago, fixo balance da actualidade municipal nunha entrevista en Radio Líder Santiago con Álvaro Veiga, onde abordou cuestións clave como as obras da AC-543, o novo plan de iluminación pública, a relación coa Deputación e a Xunta, o futuro político persoal e a delicada situación da Mancomunidade Serra do […]

today1 marzo, 2026 2

Actualidad

“Queremos ver o campo da festa cheo”: o barrio de Sar comeza o seu Entroido

París de Noia e DJ Magán esta noite; desfile con entroidos recoñecidos como Festa de Interese Turístico o sábado, sesión vermú, música e verbena nun programa que combina tradición e ambiente festivo O barrio de Sar comeza hoxe a súa festa de Entroido tras meses de intenso traballo por parte da Comisión de Festas, integrada na Asociación Cultural Eu de Sar de toda a Vida. Antía Antelo, presidenta da comisión, xunto con Nicolás García e Suso Regueiro, explicaron nos micrófonos […]

today27 febrero, 2026

Comarca

Todo listo para a Festa do Queixo: “É a fin de semana máis importante do ano para Arzúa”

  O actor Federico Pérez será o encargado de abrir unha celebración que cumpre 51 anos e que aspira a superar os 50.000 visitantes nunha fin de semana clave para o municipio Arzúa volverá converterse esta fin de semana na capital indiscutible do queixo galego coa celebración da súa cita máis emblemática, a Festa do Queixo, que alcanza xa a súa 51ª edición. O actor Federico Pérez será o encargado de pronunciar o pregón inaugural nunha edición que o Concello […]

today27 febrero, 2026

AD