Radio Líder Santiago emite dende o paseo do Espolón de Padrón
A vila de Padrón quenta motores para unha das celebracións máis destacadas do seu calendario festivo, as tradicionais Festas de Pascua, que se desenvolverán entre o 27 de marzo e o 12 de abril cun completo e ambicioso programa musical. Neste contexto, a emisora Radio Líder Santiago realizará este venres unha emisión especial en directo desde o paseo do Espolón, un dos epicentros da festa. O programa, que se desenvolverá entre as 10.00 e as 13.00 horas, estará conducido por […]