AD

Política

1965 Resultados / Página 103 de 219

Fondo
AD

Comarca

Brión mellora os accesos á aldea da Torre cun novo aparcamento para turistas

A actuación conta cun orzamento de máis de 20.000 euros 23 de abril de 2025.- O Concello de Brión está a acometer unhas obras de mellora da aldea da Torre, que inclúen a reparación e asfaltado dos distintos viarios que cruzan a localidade así como a construción dunha cuneta de seguridade de 115 metros de longo, que servirá tamén para habilitar un espazo de aparcamento para os turistas que se achegan ás Torres de Altamira. Unha actuación financiada polo Concello […]

today23 abril, 2025

Comarca

Anxo Arca e Julián Bustelo poñen en valor a colaboración entre Padrón e Rianxo, “dous pobos irmáns”

Os dous alcaldes resaltan os puntos en común entre ambos municipios e como o traballo conxunto beneficia a cidadanía Anxo Arca lembra a participación de funcionarios rianxeiros no proceso de estabilización do cadro de persoal padronés Rianxo tamén facilita que os xigantes de Castelao e Rosalía poidan percorrer as rúas da capital do Sar O rexedor padronés volveu ter palabras de condolencia polo pasamento do papa Francisco, ao que cualificou de “reformista no seo da Igrexa” O alcalde rianxeiro destacou […]

today23 abril, 2025

Comarca

A guía turística 20xvinte pon en valor o Camiño Fisterra-Muxía ao seu paso por Ames

O alcalde de Ames e concelleiro de Turismo, Blas García, destaca “a importancia desta guía turística para poñer en valor o Camiño Fisterra-Muxía, que é o único que non acaba en Santiago, senón que comeza en Santiago e nos leva ata a fin do mundo. Ademais, engadiu “polo concello de Ames discorren tres camiños e un deles é o Camiño de Fisterra-Muxía. Trátase dun camiño moi importante e distinto a todos os outros” A directora da guía turística 20xvinte, Mónica […]

today23 abril, 2025

Comarca

Teo rehabilitará a Ponte Nova de Rarís a través dunha achega da Xunta

Procederase a reparar o pavimento da ponte con lousas de granito e, nos accesos, colocarase un tramo de adoquín con pendente que impida a filtración de augas Tamén se repoñerá o peitoril e os sillares de cimentación, que agora mesmo faltan na base do estribo, ademais de consolidar as pezas e o recheado das xuntas Así mesmo, procederase á adecuación da súa contorna, con limpeza e retirada de vexetación nos camiños e no propio leito do río Teo (A Coruña), […]

today22 abril, 2025

Comarca

A Estrada regulariza os pagos a provedores e recupera a habitual solvencia económica

Un pleno extraordinario permitirá aprobar o recoñecemento extraxudicial de crédito para o pago de 1.478.280 euros en facturas pendentes. Con este abono o Concello da Estrada regulariza os pagos pendentes e correspondentes co exercicio 2024, tras a delicada situación que supuxo a demora no abono de fondos europeos por parte do Goberno Central. Boa parte da contía correspóndese con facturas de subministro eléctrico e de servizos de Sogama. A Estrada, 21 de abril de 2025.- O Concello da Estrada conseguiu […]

today21 abril, 2025

Comarca

Investiranse máis de 245.000€ na mellora do edificio da Escola Municipal de Música de Ames

O obxecto de dita actuación é realizar diversas melloras no edificio que emprega o alumnado da Escola Municipal de Música de Ames, situado na urbanización de Aldea Nova. Tamén se vai acondicionar unha estancia para a Agrupación de Protección Civil de Ames. Este edificio foi construído en 1996. As obras consisten na substitución do material de cubrición da cuberta e a adecuación dunha estancia existente para uso do espazo para os voluntarios/as de Protección Civil O concelleiro de Obras e […]

today21 abril, 2025

Comarca

Padrón e Santiago reforzan o irmandamento con colaboracións que benefician a actividade cotiá

• Anxo Arca agradécelle a Goretti Sanmartín a axuda para formar os tribunais do proceso de estabilización de persoal do concello padronés • O rexedor tivo tamén palabras de condolencia polo pasamento do papa Francisco, ao que cualificou de “reformista no seo da Igrexa” • A alcaldesa compostelá lembrou hoxe “ás mulleres que non saen nos libros, que non escriben na historia, pero sempre a fixeron” • O dous municipios renovan unha unión que se celebra dende hai máis de […]

today21 abril, 2025

Comarca

Louzao: “Lonxe da parálise, este foi un ano de avances para A Estrada”

Xusto cando se cumpre un ano dende que tomou o bastón de mando da Estrada, o alcalde recoñece a intensidade e as vivencias destes 12 meses e amósase ilusionado polos proxectos nos que o Concello está inmerso. Renderá contas á cidadanía deste primeiro ano de mandato nun acto público e aberto programado para o sábado 26 de abril, no Teatro Principal. “Un cambio tan importante como é suceder a un gran líder serviu tamén para facer entre os dous un […]

today21 abril, 2025

Comarca

Aumentan as inscricións funerarias en galego en Noia e Porto do Son

Segundo un estudo da catedrática Aurora Marco, en Noia e Porto do Son os epitafios en galego chegan ao 20%, unha cifra semellante a de Rianxo As cinzas da nobre María de Bolaño descansan na igrexa de Santa María de Meira nun sepulcro de pedra labrada en 1518 e as da escritora Rosalía de Castro están no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval, desde 1891. Esas datas referenciais representan o final dun ciclo (a etapa dourada) e […]

today21 abril, 2025

AD