AD

Política

1964 Resultados / Página 170 de 219

Fondo
AD

Actualidad

O Concello investirá 73.000 euros en melloras nos parques infantís do Ensanche

02/09/2024 O executivo municipal deu luz verde esta mañá ao inicio do expediente de contratación das obras de actuacións urxentes de reparación dos parques infantís da praza de Vigo, da praza de Galicia e de Agros de Ramírez cun orzamento base de licitación de 73.268,53 euros. Esta medida enmárcase dentro do primeiro dos tres retos marcados polo Goberno municipal, que busca construír "unha mellor Compostela onde vivir". Destes e outros asuntos tratados en Xunta de Goberno deu conta en rolda […]

today2 septiembre, 2024

Destacado

Sanmartín avanza os retos do Concello para este curso: «Compostela, orgullosa de si»

A rexedora anuncia a convocatoria este outono dun Pleno extraordinario sobre o estado do municipio para continuar traballando na transparencia. Goretti Sanmartín anunciou os tres retos do Concello de Santiago na rolda de prensa de inicio de curso que se desenvolveu hoxe no Pazo de Raxoi. Baixo a premisa "Compostela, orgullosa de si", a alcaldesa de Santiago recalcou que o obxectivo do Goberno é "seguir coidando o que temos, melloralo no posible e asentando o futuro en bases sólidas para […]

today1 septiembre, 2024

Actualidad

Raxoi lembra que as modificacións no servizo a Casas Novas funcionan desde o 25 de xuño

29/08/2024 Incrementáronse o número de frecuencias e modificouse o traxecto por mor do corte da rúa Pombal por obras de reurbanización. A liña 4, que comunica Romaño coas Cancelas, é a máis afectada polas cambios na circulación debido ás obras de reurbanización do Pombal que se iniciaron o pasado mes de xuño. Esta liña mantese desdobrada en dúas rutas: unha que vai desde Cancelas a Mallou pasando por San Caetano, San Roque, Virxe da Cerca e Praza de Galicia; e […]

today29 agosto, 2024

Actualidad

O PP avisa: «A falta de limpeza das ribeiras dos ríos provocará asolagamentos en vivendas»

O concelleiro popular, José Ramón de la Fuente, fixo un percorrido polo leito do Sar e comprobou a grande cantidade de árbores caídas e maleza sen limpar que esta tupindo o río Reclama un plan de revisión periódica do estado das distintas especies vexetais e un mantemento preventivo para evitar que, de caer, acaben directamente na auga Un simple paseo pola ribeira dos ríos Sar ou do Sarela é suficiente para comprobar, que unha vez máis, gran cantidade de maleza, […]

today29 agosto, 2024

Actualidad

O PP de Santiago esixe a recuperación da liña de autobús ata as Casas Novas

Os concelleiros, Adrián Villa e María Baleato, reuníronse con máis de 30 veciños e veciñas afectados, por unha decisión dos nacionalistas que chegou “sen previo aviso” Villa definiu ao BNG de “tirano”, ao estar a modificar diferentes servizos, en pleno verán, “sen ningún tipo de diálogo coa veciñanza e sen sentido aparente” Os concelleiros do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa e María Baleato, achegáronse ao barrio de Casas Novas, para reunirse con máis de 30 veciños e veciñas afectados […]

today28 agosto, 2024

Actualidad

O PP reclama máis información sobre a recollida de enseres en Santiago

O concelleiro, Adrián Villa, propón a colocación de pegatinas nos colectores, cun código QR e o teléfono para solicitar a retirada destes residuos voluminosos, que ofrecen unha pésima imaxe ante a veciñanza e visitantes. Villa demanda tamén unha aplicación móbil ou formulario web, sen necesidade de ter como vía única un teléfono fixo, “unha prestación, remarcou, que está á orde do día en numerosos servizos”. O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa, reclama aos nacionalistas a posta a […]

today25 agosto, 2024

Actualidad

O PP lamenta o non do BNG á senda Santiago-Milladoiro por ser unha idea de Borja Verea

• “Estamos falando duns dos investimentos máis importantes para a capital de Galicia, que beneficia tamén a súa contorna e significa a moderna transformación da forma de trasladarse de composteláns e amenses”, remarcou María Baleato. • Destacou que esta senda “é o mellor exemplo do que pode conseguir un goberno dirixido por Borja Verea, xa que se desde a oposición acadou que se investisen, para a senda peonil 13 M€, resulta fácil imaxinar o que pode lograr no caso de […]

today22 agosto, 2024

Actualidad

A falta de limpeza da maleza pon en serio perigo de incendio o monte Pedroso

O actual estado do monte Pedroso fai que sexa un verdadeiro perigo, xa que só faría falta unha pequena chispa producida por calquera elemento, para que todo o matorral que invade o monte, prenda e se provoque un lume, como ten ocorrido noutras ocasións Nerea Barcia explicou que “esta situación supón tamén un importante perigo para vehículos, peóns e ciclistas, xa que a altura e densidade da maleza trae como consecuencia a falta de visibilidade, que impide que os usuarios […]

today21 agosto, 2024

Actualidad

O PP de Santiago carga contra o BNG por non actuar ante o aumento da delincuencia

De la Fuente indica que “os nacionalistas están a negar a evidencia e se resisten a pór en marcha as medidas que o Partido Popular xa leva tempo poñendo sobre a mesa, como: incremento de efectivos de policía; mellorar a iluminación na cidade; e poñer as cámaras de videovixilancia a gravar”. O concelleiro do Partido Popular, José Ramón de la Fuente, destacou que “son horas de que o BNG asuma, dunha vez, a súa responsabilidade e abandone a política de […]

today14 agosto, 2024

AD