Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today29 agosto, 2024
Un simple paseo pola ribeira dos ríos Sar ou do Sarela é suficiente para comprobar, que unha vez máis, gran cantidade de maleza, arbustos e árbores caídos, inertes ou mortos invaden o seu leito, polo que, cando volvan as chuvias, actuarán como tapón, co que, outra vez, provocarán asolagamentos en fincas, prados e, incluso, en vivendas e construcións próximas.
O concelleiro do Partido Popular en Santiago, José Ramón de la Fuente, subliña que, “a pesar de que isto leva anos sucedendo e as chuvias sempre chegan, o BNG non fixo absolutamente nada para limpar a ribeira dos ríos e prever unha situación que se dá ano tras ano, sen que se tome conciencia do problema e das consecuencias que teñen para a veciñanza”.
O popular lembrou que, “no outono do 2023, a pesar de que advertimos desta circunstancia, a indolencia dos nacionalistas e a súa falta de previsión provocou, en varios puntos da cidade, inundacións que poderían terse evitado se se tivera feito una adecuada limpeza de árbores e maleza”.
“Preguntámonos se a súa promesa electoral de renaturalizar os ríos e mellorar o estado da vexetación da ribeira era deixar que esta invada o río e deixar que podreza, algo que, para eles, só é biodiversidade, contra a que non se pode loitar, tal como afirmaron, hai uns días, ante as queixas da veciñanza de Sar polo estado do río ao seu paso por este barrio”, agregou.
“Hai unha nula previsión, mantemento e limpeza das beiras dos ríos nos que se producen taponamentos que acaban provocando as inundacións”, destacou De la Fuente, quen engadiu que “son situacións recorrentes que sabemos que van a acontecer, non se entende moi ben este desleixo, que só podemos atribuír á preguiza dun BNG ‘desbordado’, carente de ideas e de gañas de traballar, incapaz de atender nin as necesidades básicas, pero Santiago necesita máis xestión e menos imposición ideolóxica”.
Lembra tamén, que “cando denunciamos o ano pasado agocháronse detrás do argumento de que acababan de chegar, unhas desculpas que hoxe non valen, levan máis dun ano gobernando a cidade e este problema é recorrente”.
Segundo De la Fuente, “o Concello debería ter elaborado un plan preventivo de mantemento e limpeza dos leitos dos ríos que transcorren polo noso termo municipal, co fin de garantir a limpeza das ribeiras de maleza, arbustos e árbores caídos”.
Finalmente, o popular remarcou que “a estas alturas e co outono asomando, non existe un calendario e un criterio uniforme que permita anticipar esas incidencias, polo que, mentres, se produzan choivas e o BNG non se tome en serio este problema, as inundacións seguirán, xa que os servizos municipais actúan sempre a posteriori, cando o dano esta causado”.
Escrito por Líder Redacción
compostela denuncia limpeza pp radio lider santiago santiago
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)