AD

Política

1964 Resultados / Página 35 de 219

Fondo
AD

Actualidad

Seis roubos en só unha semana acenden as alarmas en Melide

O Partido Popular de Melide exixe ao goberno local a convocatoria “urxente e inaprazable” da Xunta Local de Seguridade ante o elevado número de roubos rexistrados nos últimos días en varias vivendas do municipio. A formación lembra que leva meses advertindo da crecente sensación de inseguridade no Concello pola falta de efectivos tanto de Policía Local como de Garda Civil, unha carencia que, segundo denuncian, está derivando en situacións cada vez máis graves. O Grupo Popular reclama que se cubran […]

today5 diciembre, 2025

Actualidad

A S.R. Calo impulsa unha San Silvestre solidaria para levar un campus inclusivo a nenos de Kenia

A parroquia teense de Calo xa se prepara para celebrar o vindeiro 27 de decembro, ás 16:30 horas, a II San Silvestre Solidaria Sociedade Recreativa Calo, unha carreira festiva e familiar que combina deporte, Nadal e solidariedade. A cita, que partirá do campo de fútbol de Rebordelo, propón un percorrido de 4 quilómetros apto para todas as idades: nenos, maiores, mascotas e mesmo carriños de bebé. A organización anima tamén a participar disfrazado, mantendo así o espírito lúdico propio destas […]

today5 diciembre, 2025

Actualidad

Ames presenta o variado programa de actividades deste Nadal

É un programa variado e diverso no que traballaron conxuntamente todos os departamentos municipais As Prebadaladas, o Tardeo e o Mercado de Nadal son algunhas das novidades máis destacadas dun cartel con moita oferta lúdica e depotiva Ames, 5 de decembro de 2025.- Ames presentou esta mañá na Casa do Concello a súa programación para as festas de Nadal deste ano. O programa, organizado por varios departamentos municipais, inclúe múltiples actividades dirixidas a todo tipo de públicos, que se desenvolverán […]

today5 diciembre, 2025

Comarca

Comeza o prazo para inscribirse á visita do Apalpador en Ames

O Apalpador visitará Ames o vindeiro venres 12 de decembro, ás 18.00 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns. A visita, enmarcada dentro do programa Apego, contará tamén coas actuacións musicais da Banda da Montaña e de Cé Orquestra Pantasma Para asistir, é preciso facer unha inscrición previa enviando un correo ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal, indicando nome e apelidos dos asistentes, idade dos cativos e un teléfono de contacto. O prazo de inscrición está aberto do 5 ao 12 de decembro […]

today5 diciembre, 2025

Comarca

PP de Noia acusa a PSOE e Marea de pagar gastos de hostalería e privados con achegas municipais

Santiago Freire critica “a dobre moral do Goberno de Noia, pois tras revisar as facturas presentadas nos últimos anos compróbase que todos os grupos municipais xustificaron gastos de hostalería e outros servizos con cargo ás achegas aos grupos políticos municipais” O voceiro popular sinala que “chama moito a atención que tanto o PSOE como a Marea xustificasen gastos con facturas emitidas por empresas vinculadas directamente con ambas agrupacións políticas” 4 de decembro de 2025.- O voceiro e presidente local do […]

today4 diciembre, 2025

Comarca

“Parroquias en Movemento” supera as 150 persoas participantes en Val do Dubra

Val do Dubra, 4 de decembro de 2025 – O Concello de Val do Dubra informa de que o programa “Parroquias en Movemento”, impulsado polo Departamento de Servizos Sociais, leva en funcionamento desde setembro e conta xa con máis de 150 persoas maiores de 55 anos inscritas. Na tarde do mércores, 3 de decembro, as actividades foron visitadas pola deputada provincial da Coruña, responsable de Política Social, Mar García. Durante a súa visita, puido comprobar de primeira man o desenvolvemento […]

today4 diciembre, 2025

Comarca

O Departamento de Cultura de Arzúa presenta a programación de Nadal 2025-2026

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa xa ten preparada a programación de Nadal 2025-2026 con diferentes propostas como concertos, teatro, maxia, actividades infantís e ata a exposición dun Belén artesán. As actividades comezarán o sábado 13 de decembro na Libraría Anagrama que acollerá a presentación do libro Umbral y candado, trátase do primeiro poemario publicado polo veciño de Arzúa Manuel Mariño Barreiro. O acto, apoiado polo Club de Lectura Municipal, comezará ás 17:00 h. A programación do Nadal contará este ano coa exposición dun Belén Artesán creado por Sinesia que se poderá […]

today3 diciembre, 2025

Actualidad

Milladoiro, símbolo da transformación urbana: «As obras de humanización rematan este mes»

O alcalde destaca o impulso ao mercado municipal de Bertamiráns, o plan de vivenda pública, a festa de fin de ano con transporte gratuíto e a aposta pola cooperación institucional. “Ames está en crecemento e queremos que ese avance beneficie a todos”, afirma. O mes de decembro chega cargado de novidades ao Concello de Ames. O alcalde, Blas García, avanzou nunha entrevista radiofónica as principais liñas de actuación do seu goberno de cara ao 2026, cun ton optimista e cheo […]

today3 diciembre, 2025

Actualidad

Dona Dana reabre as súas portas cunha festa con Kiko Rivera e varios Djs galegos

A discoteca Dona Dana, situada no concello de Touro (A Coruña), prepárase para vivir unha noite histórica coa súa inauguración baixo nova xerencia, que terá lugar o venres 5 de decembro, cunha apertura prevista para as 00:00 horas. O evento contará cun cartel de primeira liña encabezado polo popular artista Kiko Rivera, que será unha das grandes atraccións desta esperada reapertura. A xornada incluirá tamén as actuacións de Kike Varela, DJ S0N1C, Marcos Magán, David Bermúdez e Nyan Boe, configurando […]

today2 diciembre, 2025

AD