AD

Política

1964 Resultados / Página 51 de 219

Fondo
AD

Comarca

VIDEO | Ames presenta unha denuncia ante a Fiscalía de Medio Ambiente polo vertido no río Sar

Esta mañá o Concello de Ames informou da denuncia que vén de presentar ante a Fiscalía de Medio Ambiente polo vertido no río Sar. Esta actuación súmase ás denuncias presentadas ante o Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) e a Policía Autonómica Segundo o alcalde de Ames, Blas García, trátase “dun atentado medio ambiental moi grave e ante a pasividade e abandono da maioría das administracións competentes nesta materia decidimos presentar unha denuncia na Fiscalía de Medio Ambiente” Ademais, o […]

today16 octubre, 2025

Comarca

Os amesáns Xoán David Parga e Olivia Parga, medalla de ouro e prata no Campionato Galego de Karate

A pasada fin de semana do 11 de outubro, a localidade de Ferrol acolleu o Campionato Galego de Karate Cadete, Júnior e Sub-21 II Copa Máster, no que os amesáns Xoán David Parga e Olivia Parga acadaron a medalla de ouro e de prata respectivamente Con estes resultados, ámbolos dous karatekas aseguraron a súa participación na preselección para o Campionato de España que se celebrará en Xaén no vindeiro mes de novembro Ames, 16 de outubro de 2025.- A pasada […]

today16 octubre, 2025

Comarca

O PP denuncia novamente a suba desmesurada do IBI en Melide

Melide, 16 de outubro de 2025. O Partido Popular de Melide quere amosar novamente o seu rexeitamente á suba do Imposto de Bens e Inmobles, comunmente coñecido como “contribución”, que se está facendo efectiva nos últimos días en Melide. Cómpre recordar que esta suba foi aprobada polo tripartito local nos pasados meses, unha suba do 18% e que implica unha presión importante para os particulares pero especialmente para os negocios. Así mesmo, preguntámonos en que repercute postivamente aos melidendes este […]

today16 octubre, 2025

Comarca

Ferido nun sorprendente accidente de tráfico en Ribeira

A dotación de garda do Grupo de Emerxencias e Protección Civil Municipal (GAEM) foi mobilizada polo CIAE 112 debido a un accidente de tráfico rexistrado na AC-550, ao seu paso pola parroquia de Oleiros, no municipio de Ribeira. O sinistro deixou unha persoa ferida, que foi atendida polos servizos sanitarios do 061 Urxencias Médicas. No operativo tamén participaron efectivos da Policía Local de Ribeira, Bombeiros de Ribeira e a Garda Civil de Tráfico, coordinando as labores de asistencia e seguridade […]

today15 octubre, 2025

Comarca

Volve o concurso de decoración de Samaín ao comercio de Ames

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, organiza a segunda edición do concurso de decoración de Samaín, unha iniciativa que fixo a súa estrea o ano pasado e gozou dunha gran acollida entre a veciñanza e os comerciantes amesáns Repartiranse 2.000 euros en premios: 1.000 euros para o primeiro, 600 para o segundo e 400 para o terceiro As inscricións poderán tramitarse dende mañá, 16 de outubro, ata o vindeiro día 22 Ames, 15 de outubro […]

today15 octubre, 2025

Comarca

O ciclo “Un cómico na aldea” regresa este sábado ao rural da Estrada

  Padre Xiao, Mago Toño, As Lerchas, Quico Cadaval, Paula Carballeira e a Escola Municipal de Artes Escénicas, no elenco para esta segunda etapa do programa. A Estrada, 15 de outubro de 2025.- O ciclo “Un cómico na aldea” regresa este sábado, 18 de outubro, ao rural estradense para ofrecer unha decena de funcións ata final de ano. Organizado polo departamento municipal de Cultura, este programa ten como principal obxectivo contribuír a descentralizar a oferta escénica habitual, combinando nas parroquias […]

today15 octubre, 2025 2

Comarca

As obras da área de descanso da Fervenza das Hortas, en Arzúa, encaran a súa recta final

A concelleira de Turismo, Begoña Balado, visitou os traballos, que estarán rematados a finais deste mes, e salientou a súa importancia para reforzar o modelo de destino verde polo que aposta Arzúa Arzúa, 15 de outubro de 2025.- O Concello de Arzúa continúa avanzando na posta en valor dos seus espazos naturais e turísticos. As obras de acondicionamento da área de descanso situada na parroquia de Dombodán, na baixada á Fervenza das Hortas, progresan a moi bo ritmo e está […]

today15 octubre, 2025

Comarca

Detenido en Ordes por apuñalar a otro con unas tijeras en plena calle

La Guardia Civil arrestó a un varón acusado de agredir con unas tijeras a otro hombre en la calle Alfonso, en el municipio coruñés de Ordes. El suceso ocurrió sobre las 21:45 horas de este martes, momento en el que efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 se desplazaron hasta el lugar para atender a la víctima. El cuerpo armado mantiene abierta una investigación para esclarecer las circunstancias del ataque y determinar las causas del enfrentamiento.

today15 octubre, 2025

Arte y Cultura

Caramuxo Teatro actuará este sábado en Arzúa dentro dos Sábados en familia

Arzúa, 15 de outubro de 2025. O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para este sábado a segunda actuación encadrada no programa Sábados en familia incluído na programación cultural Outono a escena pensada para dinamizar as fins de semana dos meses de outubro e novembro con actuacións de artes escénicas e musicais para todos os públicos. O certame ofrece este sábado, 18 de outubro, unha proposta para público infantil e familiar a partir dos 4 anos co espectáculo A nena que vivía nunha […]

today15 octubre, 2025

AD