AD

Política

1964 Resultados / Página 54 de 219

Fondo
AD

Comarca

Carmen Calvo reivindica en Padrón a forza do feminismo para loitar contra os ataques á democracia

A presidenta do Consello de Estado foi recibida polo alcalde, Anxo Arca, e asinou no Libro de Honra do Concello Presentou no auditorio o seu libro ‘Nosotras: el feminismo en democracia’ Padrón. 7-10-2025. Carmen Calvo, presidenta do Consello de Estado e vicepresidenta do Goberno, reivindicou esta tarde no auditorio de Padrón a forza do feminismo para facerlle fronte aos discursos actuais que poñen en perigo a democracia. Sinalou que non pode haber democracia se non hai igualdade e que, conquistados […]

today7 octubre, 2025

Comarca

Amadeo Abal e Debris Paniagua gañan a 42 Carreira Pedestre da Amaía (Brión)

7 de outubro de 2025.- O cambadés Amadeo Abal Chaves (Amadeo Abal Nutrición Deportiva) e a compostelá Debris Paniagua Rodríguez (Club Atletismo O Pino) son os gañadores da XLII Carreira Pedestre da Amaía, organizada polo Concello de Brión en colaboración co Club Deportivo Brión Hypersa Santiago. Ao igual que o ano pasado, o tempo non acompañou este sábado en Brión pero tampouco restou participación, pois un total de 392 atletas cruzaron a liña de meta, 190 máis co ano pasado. […]

today7 octubre, 2025

Comarca

Arzúa remata a mellora integral da rúa Calexa, ampliando o proxecto inicial con fondos propios

Arzúa, 7 de outubro de 2025.– O Concello de Arzúa, a través da concelleira de Acción Urbana, Begoña Balado, informa da finalización e posta en funcionamento das obras de mellora na rúa Calexa, un proxecto que foi ampliado significativamente tras escoitar as necesidades da veciñanza nunha reunión mantida coa comunidade. Inicialmente financiado cunha partida da Deputación Provincial, o Concello decidiu ampliar o alcance da actuación con fondos propios para dar unha resposta máis completa ás demandas cidadás. A obra xá […]

today7 octubre, 2025

Comarca

Un veciño de Melide ferido grave ao sufrir un accidente mentres desbrozaba

  Un home resultou ferido esta tarde no concello de Melide mentres realizaba labores de desbroce nunha finca de súa propiedade, situada na parroquia de Furelos, preto da canteira. O 112 Galicia recibiu o aviso de Urxencias Sanitarias ás 16:45 horas deste luns. Segundo informou o servizo de emerxencias, o home sufriu unha lesión de consideración nunha perna despois de que lle saltase un obxecto durante o traballo. Ata o lugar desprazouse persoal sanitario a bordo do helicóptero medicalizado do […]

today6 octubre, 2025

Actualidad

A SD Negreira terá como rival á Real Sociedade na Copa do Rei

A ilusión desatouse en Negreira. O sorteo da Copa do Rei deparou un emparellamento histórico: a SD Negreira medirase coa Real Sociedade, equipo de Primeira División e un dos máis fortes da competición. No municipio non se fala doutra cousa e a cita xa se vive como unha auténtica festa do fútbol. Para o club, xogadores e afección, será unha oportunidade única de enfrontarse a un rival de máximo nivel e de situar o nome de Negreira no mapa futbolístico […]

today6 octubre, 2025

Comarca

Aparatoso accidente en Sigüeiro con catro coches afectados

Esta mañá produciuse un choque entre dous vehículos na Avenida da Grabanxa, en Sigüeiro (Oroso), á altura da farmacia. A consecuencia do impacto, outros dous coches que se atopaban estacionados tamén resultaron danados e mesmo se rexistraron afeccións na entrada dun local comercial. Segundo informou a Policía Local, non houbo que lamentar feridos, quedando o balance en danos materiais.

today6 octubre, 2025

Comarca

Arzúa anima ao comercio local a sumarse ao programa MercaNaVila da Deputación da Coruña

Begoña Balado, concelleira Turismo, Promoción Económica e Acción Urbana do Concello de Arzúa, fai un chamamento a todo o tecido comercial do municipio para que se sume ao novo programa. Unha oportunidade moi importante para dinamizar as vendas, fidelizar a clientela e reforzar o valor do comercio de proximidade Arzúa, 6 de outubro de 2025.- A área de Comercio e Turismo do Concello de Arzúa fai un chamamento a todo o tecido comercial do municipio para que se sume ao […]

today6 octubre, 2025

Comarca

O PP de Melide alerta da perigosidade do tránsito de cabalos descontrolados por varias zonas do rural

Melide, 4 de outubro de 2025. O Partido Popular de Melide denuncia publicamente a enorme perigosidade que se vive en diferentes puntos das parroquias rurais de Melide debido ao tránsito continuo nas últimas semanas de grupos de cabalos descontrolados cruzando as estradas e fincas. Os veciños das zonas de Orois, Castiñeiroas e arredores puxéronse en contacto en múltiples ocasións co Concello de Melide, mais están fartos de quedar sen resposta. Esta semana foron varios os episodios deste tipo, co perigo […]

today5 octubre, 2025

Comarca

A piscina municipal cuberta de Arzúa reabre este luns tras importantes melloras

As obras incluíron a renovación do chan de madeira do vaso, a reposición de paneis e o reforzo da fachada, ademais da impermeabilización e tratamentos protectores A piscina municipal cuberta de Arzúa volverá estar dispoñible para a veciñanza a partir do luns 6 de outubro, unha vez finalizadas as actuacións de mellora realizadas nos últimos meses. Os traballos supuxeron un investimento de máis de 150.000 euros, destinados ao barnizado e á renovación da madeira, así como á mellora do illamento […]

today5 octubre, 2025

AD