AD

Política

1964 Resultados / Página 58 de 219

Fondo
AD

Comarca

“Non é Culpable”: Ames conciencia sobre as molestias e danos dos ouriños dos cans na rúa

O alcalde de Ames, Blas García, explicou que “este é un problema de concienciación social e de convivencia. Todos temos dereitos, tanto os propietarios como as propias mascotas, pero tamén hai obrigas, e unha delas, como di a lei de benestar animal, é que cando sacamos a pasear ás nosas mascotas debemos de levar unha botella cun liquido desinfectante, que nos serva para limpar os ouriños” O concelleiro de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, Javier Antelo, explicou […]

today25 septiembre, 2025

Comarca

Teo continúa coa tramitación de dúas modificacións no PXOM logo dos informes sectoriais favorables

Trátase das modificacións nº2 e nº3 que foron aprobadas de forma inicial no pasado Pleno de marzo Unha vez aprobadas de forma provisional no Pleno de setembro, enviaranse á Xunta de Galicia para a emisión do informe preceptivo por parte da Dirección Xeral de Urbanismo e, posterior, aprobación definitiva en Pleno Con estes cambios búscase adaptar os preceptos normativos á nova realidade que emerxe a raíz das modificacións das tipoloxías edificatorias e das novas necesidades da veciñanza; así como clarificar […]

today25 septiembre, 2025

Comarca

Ames homenaxea á figura de Castelao con teatro, arte urbana, unha exposición e cine

O alcalde de Ames e concelleiro de Cultura, Blas García, destaca “o 2025 está dedicado a Castelao e o Concello de Ames tamén se sumou a dita conmemoración, co cal estamos realizando distintas actividades. Quero destacar a intervención de arte urbana ao aire libre feita por Fernando Yáñez, coa que queremos homenaxear a unha figura moi insigne e recoñecida da cultura do nos pais como é Castelao” A intervención realizouse en dúas caixas da luz do espazo público urbano. Unha […]

today25 septiembre, 2025

Comarca

Xubílase a administrativa Rosa Méndez, que traballou con sete dos oito alcaldes estradenses

A Estrada, 25 de setembro de 2025.- Tras 43 anos de servizo, a administrativa do departamento municipal de Intervención Rosa Méndez despedíase hoxe dos seus compañeiros no Concello da Estrada, aos que deixará de ver cada día porque pasa a desfrutar dunha ben merecida xubilación. Rosa incorporouse ao seu posto no Concello sendo alcalde Manuel Reimóndez Portela, de tal xeito que traballou na administración local con sete rexedores municipais. Ademais de Reimóndez, esta funcionaria estivo no departamento de Intervención durante […]

today25 septiembre, 2025

Comarca

Boqueixón inicia as obras de mellora da Casa da Cultura de Camporrapado

Boqueixón, 24 de setembro de 2025.- O Concello de Boqueixón vén de iniciar as obras de acondicionamento da Casa da Cultura de Camporrapado, nas que inviste preto de 45.000 euros. Unhas actuacións que “permitirán ofrecer un espazo máis seguro, funcional e moderno para toda a veciñanza”, adianta o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato. As obras inclúen a reparación da cuberta e a limpeza e arranxo de canalóns e baixantes para evitar problemas de filtracións de auga, así como varias […]

today24 septiembre, 2025

Comarca

O Pino adxudica o Servizo de Axuda no Fogar por 660.000 euros anuais

A empresa continuará coa axuda a domicilio durante o vindeiro ano, coa posibilidade dun ano máis de prórroga O Concello deberá pagar a 23,46 euros a hora en días hábiles e sábados; a 25,82 os domingos e festivos, e a 24,81 €/h o servizo de libre concorrencia Prorrogado un ano o servizo de recollida de residuos urbanos e limpeza viaria coa empresa SOL cun importe de 149.000 euros O Pleno aprobou tamén a modificación das taxas de licencia urbanística e […]

today24 septiembre, 2025

Comarca

O PP de Melide denuncia a falta de Policía Local durante a fin de semana

Melide, 24 de setembro de 2025. O Partido Popular de Melide denuncia publicamente a gravísima situación vivida no municipio ao quedar sen servizo da Policía Local durante a tarde do domingo e a mañá do luns. Unha carencia que, segundo o PP, é “inxustificable, perigosa e un claro exemplo da falta de xestión do goberno local”. Durante ese período producíronse dous incidentes que puxeron de manifesto a desprotección da veciñanza: O domingo, un veciño sufriu un desvanecemento na Ronda da […]

today24 septiembre, 2025

Actualidad

A Estrada duplicará o solo industrial e humanizará o seu rural cun investimento de 6M€

O alcalde da Estrada fai balance do verán, anuncia novas infraestruturas e proxectos estratéxicos para o rural e o tecido empresarial do municipio Nunha entrevista concedida a Radio Líder Santiago, o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, expuxo con detalle os retos e avances do Concello neste inicio de curso político. Louzao puxo o foco en tres eixos fundamentais: a prevención dos incendios forestais, a creación de solo industrial vinculado á nova autovía e a transformación do rural grazas aos fondos […]

today24 septiembre, 2025

Comarca

Un home ferido tras chocar contra unha árbore en Teo

Un condutor tivo que ser excarcerado na madrugada deste martes en Teo logo de sufrir un accidente de tráfico na estrada DP-6502, ao seu paso pola parroquia de Lampai. Segundo informou o 112 Galicia, o sinistro produciuse pouco despois da medianoite, cando un particular alertou de que o vehículo saíra da vía e impactara contra unha árbore, quedando o ocupante no seu interior sen poder saír. Ata o punto desprazáronse efectivos do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES […]

today24 septiembre, 2025

AD