AD

Política

1965 Resultados / Página 69 de 219

Fondo
AD

Comarca

Francisco Pérez, novo alcalde de Noia tras prosperar a moción de censura contra Santiago Freire

O socialista Francisco Pérez Caamaño asumiu este luns a alcaldía de Noia ao prosperar a moción de censura presentada contra o popular Santiago Freire, quen ocupaba o cargo desde 2016. A iniciativa contou cos votos favorables do PSdeG, BNG, Marea Cidadá e dun concelleiro non adscrito, Luis Alamancos, antigo membro do grupo popular. No texto da moción, os asinantes acusaron ao goberno de Freire de falta de transparencia na contratación, deficiencias na xestión de infraestruturas e servizos públicos e de […]

today11 agosto, 2025

Actualidad

Roland Rojas pecha as festas de Ames cun pregón a prol da integración da inmigración en Galicia

Ames, 10 de agosto de 2025.- O pregón final das Festas da Peregrina, en Bertamiráns, correu a cargo de Ronald Rojas, inmigrante venezolano que leva xa varios anos residindo na localidade amesá. A comisión de festas quixo poñer o foco nun dos temas máis actuais e próximos ao municipio: a inmigración. A elección de Ronald Rojas non foi casualidade, pois pasou por momentos difíciles na súa chegada a Ames. Finalmente, conseguiu atopar o seu lugar, en boa parte grazas á […]

today11 agosto, 2025

Actualidad

A Asociación Rock in Rian denuncia o roubo de material valorado en preto de 2.000 euros

A Asociación do Festival Rock in Rian, que se celebrará os días 5 e 6 de setembro, vén de denunciar publicamente un furto nas súas instalacións, situadas na planta baixa da antiga Casa do Mar de Rianxo. Segundo informou a entidade a través dun comunicado oficial, os feitos supuxeron a perda de material fundamental para a organización do festival. Entre o sustraído atópase “material eléctrico, de iluminación e de son adquirido pola asociación durante anos”, así como diversos elementos da […]

today9 agosto, 2025

Comarca

Boqueixón abre o prazo nos servizos de Madrugadores e Tardes de Lecer

  O Concello de Boqueixón vén de abrir ata o 26 de agosto o prazo de inscrición nos servizos de conciliación Madrugadores e Tardes educativas e de lecer para o curso 2025-2026. Dous programas dirixidos a alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria, de entre 3 e 16 anos, empadroado en Boqueixón ou ben matriculado nun centro educativo do municipio. As actividades desenvolveranse nas instalacións do CPI Antonio Orza Couto. O programa Madrugadores ofrece servizo de acollida, coidado e vixilancia antes […]

today8 agosto, 2025

Actualidad

A Festa Hortera de Porto do Son máis preto de ser declarada de Interese Turístico de Galicia

O Pleno Municipal de Porto do Son aprobou este mércores por unanimidade a proposta para que a emblemática Festa Hortera sexa recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia. A iniciativa, impulsada pola asociación organizadora, foi ben acollida por toda a corporación municipal, que destacou o impacto positivo desta celebración na dinamización social, cultural e económica do municipio. A Festa Hortera, que celebra xa máis de dúas décadas de historia, consolidouse como un evento de referencia pola súa orixinalidade, espírito […]

today7 agosto, 2025

Actualidad

A Madalena supera os 7.000 asistentes e Bertamiráns abre hoxe a Peregrina

Tras a celebración das festas da Madalena no Milladoiro, continúa o “Ames en Festas 2025” co inicio hoxe, mércores 6 de agosto, dos festexos da Peregrina, en Bertamiráns O Milladoiro puxo fin aos seus festexos da Madalena que, como vén sendo habitual, contaron cunha gran afluencia de público, arredor das 7.000 persoas e, ao longo destas cinco xornadas de troula, houbo actividades e música para tódolos públicos Ames, 6 de agosto de 2025.- Tras a celebración das festas da Madalena […]

today6 agosto, 2025

Comarca

Santiago comparte con Padrón a súa experiencia en materia de Vivenda e Turismo

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e o alcalde de Padrón, Anxo Rei, xunto coa concelleira de Turismo e co concelleiro de Urbanismo, Míriam Louzao e Iago Lestegás, a concelleira de Urbanismo e de Turismo de Padrón, Chus Campos Varela e persoal técnico dos dous concellos, mantiveron unha xuntanza no Pazo de Raxoi para compartir a experiencia compostelá á hora de impulsar iniciativas en dous temas fundamentais: garantir vivendas accesibles para a poboación residente e procurar un equilibrio entre o […]

today4 agosto, 2025

Comarca

BNG Ordes denuncia que o goberno municipal «triplica as facturas irregulares» en tan só dous anos

  Durante o debate da conta xeral referente ao ano 2024, o portavoz do grupo municipal do BNG de Ordes, Pablo Vidal, criticou a existencia de “ata 8 contratos por prestación de servizos vencidos”, situación que ao seu parecer resulta “irregular e non conforme co establecido na lei de contratos do sector público”. O voceiro nacionalista sinala que “este feito, obrigou ao interventor do concello a formular reparos no pagamento de ata 219 facturas no ano 2024, que representan un […]

today3 agosto, 2025

Comarca

Conflito no pleno de Arzúa: o PP denuncia censura por parte do alcalde

O Partido Popular de Arzúa denuncia a actitude antidemocrática e autoritaria do alcalde, Xoán Xesús Carril, durante o pleno ordinario celebrado este xoves, no que se lle impediu ao voceiro popular, Rafael Rivadulla, exercer o seu dereito a intervir na defensa da urxencia dunha moción presentada polo grupo. A moción tiña como finalidade abordar e condenar as pintadas ilegais realizadas fai uns días polo concelleiro do BNG, Daniel Moscoso, que curiosamente onte non asistiu ó pleno, feitos que o PP […]

today3 agosto, 2025

AD