AD

Política

1907 Resultados / Página 80 de 212

Fondo
AD

Comarca

O alumnado do IES Brión solicita ao alcalde a creación dun Espazo Xuvenil en Montebalado

Pablo Lago confirmou que “a creación dun espazo onde a nosa mocidade poida levar a cabo as actividades que desexen é un compromiso deste equipo de Goberno que imos cumprir. Estudaremos as posibilidades de habilitalo nunha dependencia no centro comercial” 16 de xuño de 2025.- O alcalde de Brión, Pablo Lago, acompañado polos concelleiros de Ensino, Guarina Rey, e Obras, José Antonio Vidal, mantiveron unha xuntanza cun grupo de mozos e mozas do IES de Brión, integrados na Rede Compás, […]

today16 junio, 2025

Actualidad

Ames, o concello máis transparente de Galicia, destaca o seu crecemento e investimento récord

Esta mañá o Salón de Plenos da Casa do Concello acolleu unha rolda de prensa na que o Goberno municipal fixo balance destes dous anos de mandato, na que estiveron presentes o alcalde e o resto de concelleiros e concelleiras que forman parte do executivo local O acto comezou coa intervención do voceiro do grupo do Goberno municipal, Víctor Fernández, destacando que “estes dous primeiros anos de mandato foron positivos para o Concello de Ames. Dende o primeiro día apostamos […]

today16 junio, 2025

Comarca

O San Paio da Estrada contará con 36 atraccións de feira e unha trintena de postos

A feira deste mércores celebrarase no lugar habitual, cambiando a do 25 de xuño o seu emprazamento para o estacionamento que delimitan as rúas Iryda e Ponteareas. Está previsto que as atraccións funcionen, dende este sábado ata o 30 de xuño, na Praza da Feira, Campo da Feira e aparcamento público da 25 de Xullo. A Estrada, 16 de xuño de 2025.- O Concello da Estrada está tramitando a documentación para a instalación de atraccións e postos ambulantes que encherán […]

today16 junio, 2025

Actualidad

Brión inviste máis de 4 millóns de euros en obras: «Cambiaremos a luces LED todo o municipio»

O alcalde Pablo Lago fai balance nunha entrevista radiofónica do ambicioso plan de obras, investimentos e melloras educativas e medioambientais, que avanzan “paso a paso, con humildade, pero con firmeza”. O concello de Brión vive unha etapa de forte actividade inversora, a pesar das limitacións orzamentarias. Así o explicou o seu alcalde, Pablo Lago, nunha entrevista en Radio Líder Santiago, onde debullou con detalle os principais proxectos en marcha e a visión de futuro para un municipio de pouco máis […]

today13 junio, 2025

Actualidad

Abren as piscinas municipais descubertas de Ames e maila praia fluvial de Tapia

Este domingo, 15 de xuño, comeza oficialmente o período estival en Ames xa que as piscinas descubertas municipais e a praia fluvial de Tapia abren ao público por primeira vez este ano O horario de apertura das piscinas do Milladoiro e Bertamiráns será de 11:00 a 21:00 horas, de luns a domingo, mentres que na praia fluvial de Tapia o horario de apertura será de 15:00 a 21:00 horas, de luns a venres, e os sábados e domingos, de 11:00 […]

today13 junio, 2025

Actualidad

Braga acolle a presentación internacional da Rapa das Bestas

Braga (Portugal), 12 de xuño de 2025. A cidade portuguesa de Braga acolleu este mércores a presentación oficial da edición 2025 da Rapa das Bestas de Sabucedo, unha das festas máis singulares e recoñecidas de Galicia, declarada de Interese Turístico Internacional. O acto puxo en valor a conexión cultural entre esta tradición ancestral e o Camiño da Geira e dos Arrieiros, que parte precisamente dende Braga. A delegación galega estivo formada por representantes do Concello da Estrada, da Asociación Rapa […]

today12 junio, 2025

Comarca

Desmantelado un evento ilegal de peleas de gallos en Coristanco con animales mutilados

La Unidad de Protección de la Naturaleza (SEPRONA) de la Guardia Civil de A Coruña, junto al Puesto Principal de Carballo y la Patrulla de Protección de la Naturaleza de Milladoiro, investiga a cuatro personas por presunto maltrato animal, dentro de la operación "Lecoq". La investigación comenzó tras recibir información sobre posibles peleas ilegales de gallos. Los agentes localizaron el lugar y acudieron con SEPRONA, encontrando un galpón con gallos de raza combatiente español, preparados para pelear. Presentaban espolones afilados, […]

today12 junio, 2025

Comarca

Volve o concurso fotográfico LGTBIQ+ dentro da campaña “Ames a quen ames faino con orgullo”

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, organiza a segunda edición do concurso fotográfico LGTBIQ+, que se enmarca dentro da campaña “Ames a quen ames faino con orgullo”. O obxectivo é a loita contra a discriminación e promover a igualdade e a diversidades con respecto á comunidade LGTBIQ+. O prazo de entrega das fotografía vai do 10 ao 24 de xuño. Permítese unha participación por persoa, que debe ser enviada xunto co seu número de teléfono, […]

today11 junio, 2025

Comarca

CEGASAL pon a Ames como exemplo de integración laboral de persoas con diversidade funcional

Blas García dixo “hai que concienciarse que temos que apostar pola igualdade e a integración laboral das persoas con discapacidade, porque forma parte da esencia das políticas sociais cos que traballamos dende Ames. O máis importante de traballar cos centros especiais de emprego é que favorecemos o desenvolvemento dunha política social e inclusiva. Ao mesmo tempo potenciamos a nosa economía local e de proximidade” O presidente de CEGASAL, Mino Martínez Lago, explicou que “CEGASAL está formada por centros especiais de […]

today11 junio, 2025

AD