Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today22 julio, 2025
O domingo 27 de xullo realizaranse xogos, actividades de lecer e actuacións dirixidas a público infantil e mozo.
Arzúa, 22 de xullo de 2025. O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa dá a coñecer o programa de actividades para unha nova edición de Arzúa Viva, incluída na programación cultural de verán.
A Carballeira de Santa María, ubicada detras do Pavillón polideportivo de O Cruceiro, acollerá este domingo, 27 de xullo, a 18ª edición con actividades de lecer e actuacións para público infantil e para a mocidade.
De 17:00 a 21:00 horas haberá instalados diversos inchables, obradoiros, xogos tradicionais do mundo e contarase con actividades recreativas como o Twister xigante, o Porco mecánico ou o Guacamole interactivo.
Ademais, a partir das seis da tarde terá lugar o espectáculo Asacocirco Show, un espectáculo para todos os públicos no que os seus protagonistas, Mirroska e Juanito, son os dous clowns de este divertido mini circo. Combinan humor, destreza física, moita técnica, ritmo e poucas palabras. Un xogo cómico onde o espectador sentirase moi implicado e no que sempre hai lugar para a sorpresa.
A xornada incluirá tamén un reparto gruatuíto de xeados entre o público asistente ata esgotar existencias. E como remate, a presente edición de Arzúa Viva pecharase cunha Festa da Espuma en colaboración coa Comisión de Festas do Carme de Arzúa 2025.
A asistencia a todas as actividades é totalmente de balde e o acceso libre.
O concelleiro de cultura, José Luís García, anima “a todas as familias a participar nesta xornada pensada para o disfrute de todas e de todos con actividades que buscan o entretemento e pasalo ben, mais tamén a convivencia entre veciñas e veciños nun ambiente festivo e de lecer”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)