AD

Comarca

Cheo total no obradoiro práctico de primeiros auxilios na infancia en Brión

today10 febrero, 2026

Fondo
share close
AD

10 de febreiro de 2026.- Un total de 30 veciños e veciñas de Brión participaron na tarde de onte luns no Obradoiro de primeiros auxilios na infancia, organizado polo Concello de Brión en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns. Un curso de catro horas de duración impartido por Carlos Prados Sande, diplomado universitario en Enfermería e FPUS 061 Galicia, quen explicou dun xeito práctico como actuar diante de feridas, hemorraxias, reaccións alérxicas, queimaduras, convulsións, crises epilépticas… en menores, ademais de aprenderlles aos presentes técnicas básicas de reanimación cardiopulmonar e para evitar atragoamentos.

Este é o primeiro dos tres cursos que o Concello de Brión vai realizar en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, grazas a un convenio coa Xunta de Galicia. “Os dous próximos cursos, que serán tamén impartidos por Carlos Prados Sande, terán lugar o próximo mes de marzo e xirarán en torno á atención a persoas dependentes e a consellos para coidar das persoas coidadoras”, apunta Rosa Romero, concelleira de Servizos Sociais, quen adianta que “en vista da gran aceptación que están a ter estas formacións, imos tratar de programalas no auditorio do polivalente e non na sala multiúsos, para así poder acoller máis participantes”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *