AD

Comarca

Comezan as obras de construción de dúas novas sendas peonís en Sergude e Lestedo

today4 noviembre, 2025

Fondo
share close
AD
  • Supoñen un investimento de máis de 435.000 euros

Boqueixón, 4 de novembro de 2025.- O Concello de Boqueixón vén de iniciar as obras de construción de dúas novas sendas peonís no municipio, concretamente nas parroquias de Sergude e de Lestedo, nas que inviste máis de 435.000 euros. Así, a nova sende de Sergude permitirá conectar a igrexa da parroquia e as aldeas de Lamas e Deseiro de Abaixo co cruce da N-525, mellorando así a seguridade e accesibilidade dos veciños e veciñas.

Este proxecto supón un paso máis de cara a unha mobilidade máis cómoda e segura en todo o municipio en xeral, e desta parroquia en particular xa que tamén está prevista a construción dunha nova senda peonil entre Sergude e Rodiño. Nesta ocasión, o proxecto será executado pola Xunta de Galicia, que agarda poder licitalo no ano 2026 e que suporá un investimento de case 750.000 euros.

No caso da senda peonil na parroquia de Lestedo, desenvólvese dende o cruce das rúas Mestre Manuel Garcio e Pico Sacro ata o cruceiro. Unha actuación valorada en case 35.000 euros e que permitirá crear un primeiro tramo seguro para os peóns que se despracen dende o centro da vila ata o pavillón polideportivo municipal. Unha instalación onde o Concello está a investir outros 50.000 euros na mellora da súa eficiencia enerxética, para maior comodidade dos veciños e veciñas.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *