AD

Comarca

Comezan os Encontros culturais de inverno nas parroquias de Arzúa

today4 febrero, 2026

Fondo
share close
AD

Arzúa, 4 de febreiro de 2026. O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa continúa levando a cabo os actos da nova programación que artellou para os primeiros meses de ano baixo o título de Encontros culturais de inverno que pretende ser un lugar de encontro para as noitiñas de inverno con cine, música, literatura e actividades nas parroquias, entre outras propostas dirixidas a públicos de todas as idades.

Nesta segunda edición as propostas culturais achegaranse de novo as parroquias cun programa titulado As parroquias contan que ofrecerá unha sesión de contos a cargo de Celso Fernández Sanmartín e, ao remate, unha chocolatada popular á que estarán convidadas todas as persoas asistentes.

Despois e levar a cabo este programa nas parroquias de Santo Estevo do Campo, Burres, San Martiño de Calvos e Lema no pasado ano, continúa nesta segunda entrega este venres, 6 de febreiro, no local social de Dombodán ás 20:30 h. E contarase con outra sesión o venres 13 de marzo á mesma hora no local social de Vilantime. A entrada será libre e de balde.

O concelleiro de Cultura, José Luís García, anima “a participar nestes encontros pensados para dinamizar culturalmente tamén as nosas parroquias e para crear un espazo de socialización entre veciñas e veciños”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *