Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today11 enero, 2026
O Concello de Padrón, a través de Padrón Turismo, pon en marcha Sabores de Padrón: a ruta da croqueta, unha nova iniciativa gastronómica que nace co obxectivo de poñer en valor a creatividade da hostalería local e dinamizar a vida social e económica da vila cun evento singular e pioneiro en Galicia.
A ruta celebrarase o venres 6 e sábado 7 de febreiro, convertendo Padrón nun punto de encontro arredor dun produto tan popular como versátil: a croqueta. Trátase dun clásico da gastronomía que goza dunha ampla aceptación entre todos os públicos e que servirá como fío condutor para atraer veciñanza e visitantes durante varios días.
A participación está aberta a todos os bares e restaurantes da localidade, cun formato sinxelo e flexible, pensado para facilitar a implicación do sector. Cada establecemento poderá elaborar a súa propia croqueta, escollendo libremente o sabor ou a proposta culinaria que desexe presentar.
En canto ao funcionamento da ruta, proponse un prezo de venda de 2,50 euros, sendo cada local quen decida se ese importe corresponde a unha única croqueta ou a unha ración composta por varias unidades. O horario establecido será o venres de 20.00 a 23.00 horas, e o sábado de 13.00 a 15.00 horas e de 20.00 a 23.00 horas
Os establecementos interesados en participar deberán confirmar a súa inscrición antes do 16 de xaneiro a través do correo electrónico turismo@padron.gal
Desde o Concello de Padrón e Padrón Turismo anímase á hostalería local a formar parte desta proposta colectiva, que busca sumar esforzos, fomentar a colaboración e crear unha experiencia gastronómica atractiva que contribúa a reforzar a imaxe de Padrón como destino de referencia tamén no ámbito culinario.
Escrito por Líder Redacción
comercio gastronomia padron restauracion ruta da croqueta sabores de padron turismo


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)