Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
29/11/2023.- A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, asinaron esta mañá un convenio que establece un protocolo marco de colaboración entre as dúas institución nas áreas de urbanismo e infraestruturas, vivienda, mobilidade, transferencia de coñecemento, prácticas formativas, cultura, igualdade ou deportes.
Goretti Sanmartín e Antonio López materializaron esta mañá a sinatura dun protocolo de colaboración entre o Concello de Santiago e a USC na que se sentan as principais liñas nas que se traballará conxuntamente nos vindeiros anos. A rexedora destacou que este convenio nace da necesidade de «establecer unha canle estábel e de diálogo fluído entre dúas institucións que partillan a estancia nunha mesma cidade e anos de relación, de tradición e de elementos en común».
Coa sinatura deste protocolo establécese o marco xeral de colaboración entre o Concello e a Universedade para avanzar en diferentes materias ou ámbitos co obxectivo de desenvolver actuacións de común e acadar compromisos xurídicos concretos. Goretti Sanmartín salientou que este convenio permite «habilitar unha canle formal e única de relación» para poder concretar os compromisos de colaboración entre as dúas entidades» e establecer «cales son eses asuntos nos que queremos desenvolver unha serie de actuación que son prioritarias tanto para o Concello como para a Universidade».
Entre os retos comúns recollidos no convenio e mencionados pola alcaldesa está «a formalización da transmisión de titularidade no Campus Sur», a análise de «todo o que ten que ver coas propiedades e as infraestructuras» e posibilidade de «partillar equipamentos»; a «mellora da mobilidade entre os campus tanto en bicicleta como en trasnporte urbano, así como a conexión coa Intermodal e o bus nocturno», a «recepción do novo estudantado» ou temas «que atinxen ao ámbito deportivo e cultural».
Goretti Sanmartín anunciou que esta «vontade de traballo inmediato» vaise plasmar «nunha Comisión de Seguimento que se vai constituír a comezos de 2024». Esta comisión ten como obxectivo velar polo cumprimento do acordado e manter un diálogo permanente e estará formada por tres representantes de cada unha das institucións.
Pola súa parte, o reitor da USC, Antonio López salientou que con esta sinatura materializa «a vontade das dúas institucións de avanzar en concrecións que son as que imos a ver a partir de agora coa formación da Comisión de Seguimento e a elaboración e redacción dos convenios nos que se plasmen os acordos definitivos».
Antonio López mencionou outros temas nos que se traballarán de forma conxunta como «a vivienda e o uso residencial para o estudantado», a «transferencia de coñecemento da USC para poñelo ao servizo da sociedade e do tecido empresarial de Santiago» ou traballar en temas de igualdade,»coa redacción de protocolos conxuntos onta a violencia contra as mulleres» ou o cuarto ciclo.
No acto de sinatura tamén estivo presente a primeira tenenta de alcaldesa, María Rozas.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)