A empresa subministradora Naturgy notificoulle ao Concello de Teo de varias interrupcións programadas do subministro eléctrico durante o día 11 de setembro en varias zonas do concello, co fin de realizar tarefas de mantemento e desenvolvemento da súa rede eléctrica.
Así, quedarán fóra de servizo unha serie de instalacións que poden provocar interrupcións no subministro eléctrico nas rúas ou lugares descritos a continuación. Para aclaracións, contactar coa empresa no teléfono 900 333 999.
As instalacións eléctricas sometidas a descargo afectan ás seguintes rúas ou lugares:
- San Miguel de Rarís (de 0.00 h a 3.00 h): números 5, 8, 20, 21, 22, 26, 28, 30, 32, 34, 36, 39, 44, 48, 50, 54, 58, 60, 62, 64, 66, 70, 71 e 72.
- Bouñou (de 1.00 h a 5.00 h): números 2, 7, 8, 12, 13, 16, 18, 21, 22, 24, 26, 29 e 44.
- O Pazo (de 1.00 h a 4.00 h): números 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17 e 19.
- Aido (de 2.00 h a 5.00 h): números 2, 12, 14, 18, 20, 23, 27, 30, 31, 32 e 34.
- Nespereira (de 2.00 h a 5.00 h): números 1, 2, 4, 6, 8, 10, 12, 14, 16, 20, 22, 24, 28, 30, 32, 34, 35, 36, 37, 38, 40, 42, 46, 47, 48, 54, 59 e 86.
- Paraxó (de 2.00 h a 5.00 h): números 2, 6, 8 e 10.
- Rúa Volta da Gaiteira – Cacheiras (de 3.00 h a 6.00 h): números 4 e 6.
- Lugar Cacheiras (de 3.00 h a 6.00 h): números 1, 2, 3, 4, 16, 19, 21, 31, 35 e 132.
- Travesía de Cacheiras (de 3.00 h a 6.00 h): número 16.
- Urbanización Mirasol (de 3.00 h a 6.00 h): número 3.
- Rúa do Espiño – Reborido (de 4.00 h a 7.00 h): número 4.
- Reborido (de 4.00 h a 7.00 h): números 29, 30 e 36.
- Vilar de Calo (de 4.00 h a 7.00 h): números 34 e 74.
Comentarios de las entradas (0)