AD

Actualidad

Cortizo, exemplo do modelo industrial que defende o Goberno de España para Galicia

today21 julio, 2026

Fondo
share close
AD
  • Cortizo recibiu preto de 15 M€ do Goberno para impulsar proxectos innovadores cos que está a modernizar e facer máis sostibles os procesos produtivos da cadea de valor metalúrxica
  • O delegado puxo en valor o compromiso do Goberno para “reforzar a competitividade das empresas de Galicia”, apoiando investimentos que xeran riqueza, emprego de calidade e reindustrializan o territorio
  • Pedro Blanco destacou o novo Centro de Reciclaxe de aluminio de Coirós como un referente de economía circular, “demostrando que é posible crecer sendo cada vez máis respectuosos co medio ambiente”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, situou este luns a Cortizo como exemplo do modelo industrial polo que aposta o Goberno de España para Galicia. Coñeceu de primeira man o novo Centro de Reciclaxe de aluminio da compañía en Coirós, en compañía do presidente da Corporación Cortizo, José Manuel Cortizo; do director da planta, Francisco Lestón; do subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, e dos alcaldes de Padrón e Rianxo, Anxo Rei e Julián Bustelo.

Pedro Blanco salientou como o Goberno está a apoiar proxectos das empresas galegas que son tractoras para a economía, como os de Cortizo, que recibiu 14,7 millóns de euros do Goberno para desenvolver actuacións de modernización, innovación e sustentabilidade que reforzan a cadea de valor da industria metalúrxica.

Boa parte destes investimentos están vinculados ao Plan de Recuperación. Recentemente, o Ministerio de Industria e Turismo concedeu á compañía case 8 millóns de euros para novos proxectos industriais. Ademais, o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico apoiou con máis de 4,5 millóns de euros, a través do PERTE de Economía Circular, un proxecto de fabricación sostible de perfís de PVC con materiais reciclados mediante tecnoloxías avanzadas.

Á vista destes datos, o puxo en  delegado puxo en valor o compromiso do Goberno de España por “reforzar a competitividade das empresas galegas”, favorecendo investimentos que xeran riqueza e emprego de calidade e contribúen á reindustrialización do territorio.

“O apoio a empresas como Cortizo non só fortalece a súa capacidade para competir, senón que acelera a transformación do tecido produtivo galego cara a un modelo máis innovador, sostible e con maior valor engadido. Esa é a folla de ruta do presidente do Goberno de España: acompañar ás empresas que invisten, innovan e crean emprego de calidade”, sinalou.

O delegado tamén destacou a aposta de Cortizo por Coirós coa posta en marcha do novo Centro de Reciclaxe de aluminio, que cualificou como “un magnífico exemplo de economía circular”. “Esta planta demostra que é posible crecer sendo cada vez máis respectuosos co medio ambiente, situando a sustentabilidade e a innovación no centro da actividade industrial”, engadiu.

Estas instalacións supuxeron un investimento de 38 M€ e contan cunha superficie de 29.000 m². Desde a súa posta en marcha, Cortizo trasladou a este centro todo o proceso de reciclaxe de aluminio que estaba a realizar en Padrón. A planta de Coirós pode producir ao ano 100.000 toneladas de tocho de aluminio reciclado posconsumo, é dicir, materia prima para a extrusión.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *