Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today28 febrero, 2024
Santiago de Compostela/Arzúa, 28 de febreiro de 2024.- A popular festa do Queixo que se celebra a primeria fin de semana de marzo no Concello de Arzúa non recibiu o apoio económico agardado por parte da Xunta de Galicia, a pesares de ser unha das festas gastronómicas mais antigas da nosa comunidade.
A Festa do Queixo, que este ano cumpre 49 anos, está declarada festa de interese turístico rexional, con opcións a convertirse en festa de interese turístico nacional, tal e como resaltaron fontes do concello en distintas entrevistas en Radio Líder Santiago.
Unha das voces críticas por esta falta de financiación da Xunta foi precisamente a da concelleira de Turismo, Begoña Balado, a cal asegura que a pesar das múltiples solicitudes de apoio financeiro presentadas polo concello, a resposta (da Xunta) foi desalentadora, con «cero euros» proporcionados.
Esta falta de apoio institucional non pasou desapercibido entre os veciños desta vila coruñesa, os cales critican o pasotismo desta institución co concello arzuán e cunha das festa insignia de Galicia. Así, un usuario manifesta que «non vaia ser que colaboren coa festa que exalta o queixo máis vendido do país». Pola súa banda outro veciño ironiza cun «que sorpresa!!!!!». Entre os comentarios suscitados tamén se pode leer que «o PP xa se sabe, a colaboración e como a atención primaria».
A concelleira sinala nun escrito nas súas redes sociais que esta celebración conseguiu consolidarse como o evento de interese turístico máis destacado e agardado de Galicia, e destaca o alivio que supón o impulso económico recibido este ano, asegurando a continuidade dunha tradición que enriquece culturalmente a área e promove o turismo e o desenvolvemento local.
O apoio da Deputación, xunto con outras empresas e entidades, non só asegura a celebración da Festa do Queixo este ano, senón que tamén reforza o compromiso compartido de promover a cultura, as tradicións e a economía local. Mentres a comunidade se prepara para celebrar unha das súas festas máis queridas, o contraste no apoio institucional suscita debates sobre a importancia e o recoñecemento das festividades locais por parte das diferentes entidades gubernamentais. A Festa do Queixo de Arzúa segue sendo un vivo exemplo da forza da comunidade e do impacto positivo que o apoio institucional pode ter no fomento da cultura, turismo e economía local.
Mañá de xoves 29 de febreiro ás 11.00 horas, o concelleiro de Cultura do Concello de Arzúa, Jose Luis García falará con Álvaro Veiga en Radio Líder Santiago para dar a coñecer a extensa programación da presente edición da 49ª Festa do Queixo, que achegará ata a ‘terra do queixo’ a miles de persoas os vindeiros días 2 e 3 de marzo.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)