AD

Actualidad

De Ninghures e Mondra xúntanse para cantar ao verán galego

today6 mayo, 2026

Fondo
AD
  • ‘Que se nos faga de día’, unha das colaboracións máis esperadas da escena galega, xa está dispoñible nas principais plataformas dixitais

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2026.- De Ninghures e Mondra xúntanse por vez primeira para festexar e cantar ao verán galego. ‘Que se nos faga de día’ é o título dunha canción que cheira a salitre, herba seca e fume de San Xoán, e que apunta a ser un dos temas máis bailados e cantados nos vindeiros seráns.

Producida por Juan de Dios Martín, ‘Que se nos faga de día’ é unha rumba que se converte nunha auténtica oda ao estío galego. É un canto vigoroso á época das verbenas, dos días luminosos e das noites que nunca se queren deixar marchar; a celebración dunha terra que, tanto no mar coma na montaña, non deixa de cantar.

De Ninghures e Mondra únense como esas amizades que se reúnen no verán: con apertas que van directas ao corazón e nas que a calor se esvaece bailando en comuñón. ‘Que se nos faga de día’ é un himno que fala de amor, de suor e, especialmente, de deixarse levar.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *