Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
A Garda Civil de Padrón logrou deter aos presuntos autores de ata nove delitos de roubo con forza que asolaban os comercios e institucións educativas do Concello de Padrón e Dodro.
Nos últimos meses, a alarma social disparouse debido a unha serie de roubos que afectaron tanto a establecementos hostaleiros e comerciais, como a centros de ensino, alimentando un crecente sentimento de inseguridade entre veciños e comerciantes.
Tras recoller as denuncias e practicar as correspondentes investigacións, a Garda Civil non tardou en identificar e capturar aos responsables destes actos delictivos. A estreita colaboración entre a poboación e as autoridades foi decisiva para poñer fin a esta onda de infraccións que, con cada novo acto, xeraba maiores perdas económicas e danos a propiedade.
Os detidos foran xa postos a disposición do Xulgado de Garda, onde se enfrontan as consecuencias legais polos seus actos.
Desde o Concello de Padrón transmiten os seus parabéns e gratitude á Garda Civil polo seu traballo neste caso.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)