AD

Actualidad

Diego Adrián Mallo buscará ser o alcalde de Santiago por UCIN

today15 junio, 2026

Fondo
share close
AD

Diego Adrián Mallo presentou esta fin de semana oficialmente a súa candidatura á Alcaldía de Santiago de Compostela por UCIN Santiago de cara ás eleccións municipais de 2027 nun acto aberto á cidadanía no que deu a coñecer as primeiras propostas do seu proxecto para a cidade e asumiu publicamente un decálogo de compromisos coa veciñanza.

Durante a presentación, o candidato destacou a necesidade de construír unha alternativa municipal centrada nos barrios, no rural e nas necesidades reais dos composteláns e compostelás, baseada na proximidade, a transparencia e a participación cidadá.

Mallo afirmou que a súa candidatura nace coa intención de converter Santiago nun concello máis próximo, máis eficiente e máis orgulloso da súa identidade, apostando por políticas útiles e realizables que melloren a calidade de vida da veciñanza.

As 17 primeiras propostas de UCIN Santiago

Durante o acto tamén se fixo balance das primeiras medidas presentadas por UCIN Santiago nas últimas semanas, que formarán parte do programa electoral para 2027:

  • Creación da figura do Axente Cívico Municipal para mellorar a convivencia cidadá e actuar como enlace entre veciñanza e Concello.
  • Creación dunha Empresa Municipal de Vivenda para impulsar vivenda pública, social e accesible.
  • Posta en marcha dunha Radio e Televisión Municipal de Santiago como ferramenta de información e participación cidadá.
  • Plan integral de recuperación e apoio ao comercio local, favorecendo o consumo de proximidade.
  • Programa de intercambios internacionais para a mocidade con Portugal, Francia, Alemaña, Italia e Reino Unido.
  • Municipalización progresiva da Axuda no Fogar, reforzando a atención ás persoas dependentes.
  • Municipalización dos Centros Socioculturais, mellorando a súa xestión e programación.
  • Creación dunha Clínica Municipal de Saúde Mental para reforzar a atención psicolóxica e preventiva.
  • Implantación da Tarxeta Picheleira, con descontos e vantaxes para a veciñanza no comercio local, actividades culturais e servizos municipais.
  • Programa de dinamización dos parques urbanos, con actividades infantís, culturais, deportivas e alimentación saudable.
  • Creación de novas celebracións e eventos como o Día das Bandas, Día das Peñas, Día da Xuventude, Feira Medieval e Encontro de Vehículos Clásicos.
  • Instalación de casetas permanentes de artesanía e produto local na Alameda, favorecendo a promoción dos creadores locais.
  • Reforzo da seguridade cidadá, incrementando efectivos, mellorando a iluminación e instalando sistemas de videovixilancia en puntos sensibles.
  • Desenvolvemento dun Plan Integral para o Rural, garantindo igualdade de servizos e investimentos en todas as parroquias.
  • Creación dunha rede estable de participación cidadá, con consultas e procesos participativos reais.
  • Posta en marcha dun Plan Municipal de Accesibilidade Universal, eliminando barreiras e mellorando a inclusión.
  • Recuperación do orgullo picheleiro e da identidade compostelá, promovendo iniciativas culturais, sociais e patrimoniais.
  • Decálogo de Compromisos coa Veciñanza

Un dos momentos máis destacados do acto foi a lectura pública e a sinatura dun documento de compromisos que Diego Adrián Mallo asumiu diante da cidadanía e que permanecerá accesible publicamente durante todo o mandato.

Os compromisos asinados son os seguintes:

  • Comprométome a non percibir unha retribución superior a 50.000 euros brutos anuais como alcalde de Santiago de Compostela.
  • Comprométome a publicar anualmente a miña declaración de bens, ingresos e actividades, de acordo coa lexislación vixente.
  • Comprométome a facer pública a miña axenda institucional e as reunións mantidas con entidades, asociacións, empresas e colectivos.
  • Comprométome a impulsar auditorías externas e independentes das contas municipais para garantir a máxima transparencia na xestión dos recursos públicos.
  • Comprométome a defender unha administración municipal máis eficiente, reducindo gastos superfluos e priorizando os investimentos que melloren a calidade de vida da veciñanza.
  • Comprométome a non utilizar recursos, instalacións, vehículos ou medios públicos para fins partidistas ou persoais.
  • Comprométome a promover procesos de participación cidadá para que a veciñanza poida contribuír ás decisións máis relevantes para a cidade.
  • Comprométome a publicar periodicamente o grao de cumprimento do programa electoral e dos compromisos adquiridos coa cidadanía.
  • Comprométome a non favorecer nin nomear familiares, amizades persoais ou persoas vinculadas por intereses particulares para cargos de confianza, garantindo procesos transparentes e baseados exclusivamente no mérito e na capacidade.
  • Comprométome a celebrar, como mínimo, unha asemblea aberta cada tres meses en diferentes barrios e parroquias de Santiago de Compostela para escoitar á veciñanza, render contas da xestión realizada e responder de forma directa ás súas preguntas e propostas.

Así mesmo, Diego Adrián Mallo comprometeuse a explicar publicamente ante a cidadanía calquera circunstancia excepcional que poida impedir o cumprimento dalgún destes compromisos.

Durante a súa intervención final, o candidato sinalou que «a confianza non se pide, gánase» e destacou que a política municipal debe estar baseada na honestidade, na rendición de contas e no contacto permanente coa cidadanía.

“Hoxe non presentamos só unha candidatura. Hoxe presentamos un proxecto para Santiago e asinamos un compromiso coa súa veciñanza. Queremos que Santiago volva ser unha cidade orgullosa de si mesma, que escoite aos seus barrios e ao seu rural, e que poña ás persoas no centro das decisións municipais.”

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *