Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Esta fin de semana Vedra reuniu dous acontecementos culturais que dan boa conta da intensa actividade neste municipio.
A tarde do sábado 18 de xaneiro, o Centro Sociocultural de Vedra acolleu a presentación do libro “El mensaje de un duende para la humanidad” , un acto que estivo arroupado polas exposicións de bisutería slacosti de Silvia Molinari e de fotografía “O segredo da fraga. Ollando as grandezas miúdas que nos aporta adentrarnos na maxia da Terra Nai” de Fernando Pintos Recarey.
O domingo a cita foi na Nave da Estación. Trátouse da exposición Segredos da Aldea! que naceu como proxecto para a asignatura de xestión cultural da alumna de Belas Artes na Universidade de Vigo, de Sara Martínez Quinteiro.
Este evento artístico sen ánimo de lucro tivo como obxectivo dar a coñecer a obra artística da veciñanza de Vedra. Nel presentaronse gran variedade de obra artística, dende as artes plásticas como pintura (óleos, acuarela) ou debuxo (carboncillos) ata o mundo audiovisual (fotografía e vídeo) incluíndo disciplinas como a artesanía como la xoiería, o croché ou a cerámica.
Foi unha oportunidade única para que xente con inclinacións de diferentes inclinacións artísticas se coñecese entre eles dunha maneira máis íntima, descubrindo as mentes creativas que nos rodean día a día.
A exposición seguirá aberta na Nave da Estación ata o venres 24 de xaneiro en horario de 10 a 13 e de 16 a 19.
A lista de artistas participantes é:
– Mari Carmen Carrillo Bascoy – María Martínez Rodríguez – María Devesa Torres – Rosa De Luis Santas – Marinas – Sara Martínez Quinteiro – Cristina Corral Vázquez – Soledad Couto Nogueiras – Alberto Canedo Carrillo – Manuel Martínez Carrillo – Cristina Hermida Carrasco – Lupe García Cabal – Lidia Maceira – Esmeralda López Castro – Manuel García Torre – María José Couto Nogueiras – Alba Rodriguez Bernárdez.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)