Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
A modificación da relación de postos de traballo, RPT, estaba acordada ao remate do anterior mandato pero, ao estar o goberno en funcións, preferiuse agardar para darlle seguridade xurídica.
Dodro, 6 de febreiro do 2024 – O concello de Dodro leva este xoves a pleno a aprobación da primeira modificación da relación de postos de traballo, RPT, do concello.
A sesión, de carácter extraordinario, terá lugar a partir das oito da tarde. Ademais da RPT a corporación aprobará se procede o POS+ Adicional, destinado a gastos sociais 2024 e o Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (plan único de concellos) POS+ 2024.
Esta primeira modificación da RPT inclúe como medida máis novidosa a creación dunha praza de arquitecto a media xornada. Por outra banda a nova relación recollerá un posto de orientadora laboral, un de axente de desenvolvemento local e un de limpadora que xa levaban anos prestando o servizo e que agora incorpóranse á RPT.
A modificación da relación de postos de traballo suporá tamén para varios traballadores unha equiparación salarial xa que están percibindo un soldo por debaixo do salario mínimo interprofesional.
POS
O concello leva a pleno tamén os plans de obras e servizos da Deputación. Tanto o POS+ Adicional como o POS+ Plan Único de Concellos supoñen para pequenos municipios como Dodro case a única posibilidade de acometer obras de distinto tipo.
Estes plans alcanzaran distintas melloras en vías e espazos de toda a xeografía de Dodro. O montante total supera os 200.000 euros de investimento e gasto corrente.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)