AD

Actualidad

Arzúa traballa para que a Festa do Queixo sexa declarada de Interese Turístico Nacional

today20 enero, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

A concelleira de Comercio, Turismo, Promoción Económica e Obras no Casco do Concello de Arzúa, Begoña Balado participaba recentemente nunha entrevista en Radio Líder Santiago.

A edila socialista conversou co director da emisora, Álvaro Veiga, sobre distintos aspectos destacadas da actualidade da terra do queixo, como a recente campaña no comercio local durante o Nadal, co sorteo de 3000 euros en vales de compra entre aqueles que mercaron nesas datas en Arzúa.

A responsable de Obras no casco urbano arzuán adiantou que na vindeira primavera darán comezo as obras da segunda fase da Rúa Fraga do Rei, tamén en breve se vai rehabilitar todo o parque da feira, así como A Calexa. Balado recordou que estas melloras na vila complementanse con actuacións nas parroquias, xa que Arzúa é un dos concellos que máis quilómetros ten de toda a provincia de A Coruña. «Todas estas infraestructuras saen adiante grazas a Deputación porque da Xunta estamos a recibir moi poucas axudas», aclara.

Na área de Turismo, Belén explica que «o camiño de Santiago é, xunto coa gandeiria, o motor da nosa economía», e traballa para que a xente que nos coñece a través do camiño volva e que desfrute da nosa gastronomía, dos nosos paraxes e recunchos, ademais «Arzúa está a nada de Santiago e do aeroporto, con autovía. Temos unha situación moi estratéxica».

O Concello de Arzúa asistirá de novo a Fitur do 24 ao 28 de xaneiro en Madrid. Balado adiantau que neses días manterá distintas entrevistas con touroperadores, activando o turismo rural a través de empresas europeas de cicloturismo. «Arzúa é o concello galego con máis casas de turismo rural», explica. Potenciando o sendeirismo como a famosa ruta das Fervenzas das Hortas e creando novos trazados como o circular, con saida e chegada dende Arzúa, que pasará pola parroquía de Pantiñobre a través de corredoiras antigas que foros restauradas, e que pronto de estrenará. Tamén se apostará polo turismo naútico revitalizando o embalse de Portodemouros.

A concelleira de Turismo tamén adradeceu o impacto que tivo en redes e nos propios veciños a rodaxe da nova serie protagonista de Luis Zahera para Netflix que se gravou a primeiros de xaneiro na parroquía de Pantiñobre, e que situará a Arzúa tamén no turismo de rodaxe, aquelas personas que elixen o seu destino vacacional buscando as localización de series e películas no seu entorno real.

Finalmente, adiantou en primicia que dende o concello estase a traballar para que a popular Festa do Queixo, organizada polo departamento de Cultura que coordina Jose Luis García, e que en 2025 chegará á edición número 50, sexa considerada de Interese Turístico Nacional, tras selo xa de Interese Rexional.

Tes a entrevista completa no seguinte enlace:

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%