AD

Actualidad

Estas son as restricións circulatorias e servizos de transporte urbano polo Gozo Festival

today4 julio, 2024

Fondo
share close
AD

Con motivo da celebración de Gozo Festival, que terá lugar no Monte do Gozo o sábado 6 de xullo, produciranse as seguintes modificacións no tráfico:

Desde as 12:00 horas pecharase á circulación cara á rúa das Estrelas, que quedará cortada ao tráfico dende a rotonda coa rúa de Fernando Casas Novoa (debaixo da SC-20), excepto para vehículos de emerxencia. Os/as residentes da parte dereita subindo pola rúa das Estrelas, deberán acceder aos seus domicilios por Aríns. Os da parte esquerda, pola N-634 e Agra dos Campos (Los Abetos), do mesmo xeito que os/as clientes do Hotel Los Abetos.

A rúa do Gozo tamén quedará cortada ao tráfico desde a confluencia coa rúa San Marcos ata a confluencia coa N-634, excepto para residentes, transporte público e organización.

O acceso á rúa San Martiño desde a N-634 tamén quedará cortado excepto para os/as clientes do hotel Los Abetos, residentes e organización.

Estacionamento

Estará prohibido estacionar na avda. Fernando Casas Novoa e en San Lázaro (Bodeguilla) desde as 08:00 horas do sábado, 6 de xullo, ata finalizar o concerto. Tamén quedará prohibido o estacionamento de vehículos na rúa das Estrelas, rúa do Gozo, rúa San Marcos y Santa Eulalia de Bando.

Utilizaranse como áreas de estacionamento o estadio Verónica Boquete e a Cidade da Cultura.

As Persoas de Mobilidade Reducida deberán acceder ao concerto pola rúa do Gozo, e terán reservadas prazas de estacionamento no parking do hotel Monte do Gozo.

Taxis

Permitirase o paso dos taxis polos puntos de corte sempre que leven pasaxeiros con algunha discapacidade que poida ser acreditada. A rúa das Estrelas estará completamente restrinxida ao tráfico (todos os vehículos incluídos taxis), excepto vehículos de emerxencia.

Transporte urbano

Habilitaranse dous servizos lanzadeira, un dende o centro da cidade e outro dende a Cidade da Cultura, que funcionarán o día 6 de xullo a partir das 15:00 horas, de forma continuada ata o acceso ao Monte do Gozo. Os servizos de volta arrincarán ás 22:00. A partir das 22:00 horas, as lanzadeiras realizarán exclusivamente viaxes de volta dende os puntos de saída próximos ao monte do Gozo ata o centro da cidade e ata a área de estacionamento da Cidade da Cultura.

A liña especial 1 terá como punto de saída as dársenas da Cidade da Cultura. O punto de saída dos servizos de volta a partir das 22:00 horas será a rúa de San Lázaro nº 104, confluencia coa rúa de Miguel Ferro Caaveiro.

A liña especial 2 terá como punto de saída a Estación Intermodal, nas dársenas da 21 á 25. O punto de saída dos servizos de volta a partir das 22:00 horas será a avenida de Fernando Casas Novoa, confluencia coa SC-20.

Ademais, os/as asistentes ao concertos dispoñen doutras dúas liñas do transporte urbano, a 6 e a 7, para achegarse ata o Monte do Gozo:

A liña 6 (Os Tilos – San Marcos) realiza paradas nas inmediacións do complexo do Monte do Gozo (zona Costa de San Marcos e Hotel Santiago Apóstol).

Nesta liña, con servizos ata as 23:00, as frecuencias serán de 20 minutos o sábado pola mañá e de 30 minutos pola tarde. As paradas máis céntricas para o acceso á liña 6 son: (691) rúa do Hórreo (estación Intermodal), (276) rúa do Hórreo (Parlamento), (277) rúa do Hórreo nº 23, (228) rúa da Ensinanza e (662) rúa da Virxe da Cerca nº 10. A parada máis próxima ao estadio de San Lázaro para acceder a esta liña é a 562, rúa de San Lázaro nº 82.

A liña 7 (Valle Inclán – Aríns), conta tamén con paradas nas inmediacións do complexo do Monte do Gozo (cruzamento da rúa Senande con San Martiño) nos servizos con destino Aríns. Terá unha frecuencia de 60 minutos o sábado, con servizos ata as 22:00. As paradas máis céntricas para acceder á liña 7 son: (637) rúa de Valle-Inclán (dársena de autobuses), (660) rúa de Virxe da Cerca (Praza de Abastos), (247) rúa de Fonte de Santo Antonio nº 3 e (410) praza de Galicia nº 3.


Toda a información sobre o transporte pode consultarse na páxina web do festival: https://gozofestival.com/faqs/

O Concello de Santiago de Compostela prégalle á cidadanía que atenda as indicacións da Policía Local e desculpe as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%