AD

Deportes

O Concello adxudica por 1,26 millóns as obras da fase III de mellora do Vero Boquete

today22 septiembre, 2026

Fondo
share close
AD

A Xunta de Goberno Local adxudicou este luns o contrato para as obras do Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro á empresa Proyecon Galicia SA, cunha oferta de 1.260.680,85 € (IVE incluído) e un prazo de execución de catro meses.

A voceira do goberno municipal, Míriam Louzao, detallaou que con esta intervención se reparará toda a envolvente do estadio, tanto as fachadas como a cuberta e tamén os soportais. Ademais substituirase o falso teito da zona da cafetería e as carpinterías do muro-cortina da porta 1.

O Estadio Verónica Boquete rematouse de construír en 1993, froito dun convenio entre o Concello, a Xunta de Galiza e o Consello Superior de Deportes. “Estes máis de 30 anos de funcionamento e as deficiencias estruturais que arrastra fixeron necesario elaborar un estudo integral de patoloxías e abordar en fases as reparacións”, lembrou a Míriam Louzao e engadiu que a obra que agora se inicia, correspondente coa fase III, “é a máis importante das realizadas ata o momento”.

O proxecto conta cunha subvención da Deputación Provincial da Coruña de 850.000 euros. O resto dos custos da obra corren por conta do orzamento municipal.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *