Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today18 julio, 2024
Trátase dun evento que une aos concellos de Ames e Negreira dende o ano 2016, e que só puido interromper a pandemia durante as edicións do 2020 e 2021. Este ano os encargados de amenizar a noite serán o coro “Son Elas”, que darán paso a “Lontreira” e estes a un espectáculo pirotécnico que finalizará a velada. O acceso ao evento é de balde
O alcalde de Ames e concelleiro de Cultura, Blas García, destaca que “As Noites en Vela xa son un dos eventos tradicionais dos veráns de Ames e Negreira. É un dos eventos que xunta máis xente entorno a un momento de grande beleza como é Ponte Maceira e xunto ao río Tambre. Este ano o cartel está composto por un grupo de Ames como é o coro Son Elas e mailo tío Lontreira, que é un dos grupos galegos emerxentes”
Ames, 18 de xullo de 2024.- Este sábado, 20 de xullo, a partir das 21:00 horas, terá lugar unha nova edición das “Noites en Vela” na Ponte Maceira. Trátase dun evento que une aos concellos de Ames e Negreira dende o ano 2016, e que só puido interromper a pandemia durante as edicións do 2020 e 2021. Este ano os encargados de amenizar a noite serán o coro “Son Elas”, que darán paso a “Lontreira” e estes a un espectáculo pirotécnico que finalizará a velada. O acceso ao evento é de balde.
Apagarase o alumeado público e as candeas volverán a iluminar A Ponte Maceira nunha noite na que centos de persoas adoitan discorrer por este monumento para desfrutar dunha velada de música e cultura que culminará cun espectáculo pirotécnico. Este programa, garantía de éxito, busca poñer en valor unha paraxe paisaxística e monumental como é A Ponte Maceira, declarada ben de interese cultural (BIC) no ano 2022 e localización que forma parte dos pobos máis bonitos de España.
A organización deste evento corre a cargo dos Concello de Ames e Negreira. O alcalde de Ames e concelleiro de Cultura, Blas García, destaca que “As Noites en Vela xa son un dos eventos tradicionais dos veráns de Ames e Negreira. É un dos eventos que xunta máis xente entorno a un momento de grande beleza como é Ponte Maceira e xunto ao río Tambre. Este ano o cartel está composto por un grupo de Ames como é o coro Son Elas e mailo tío Lontreira, que é un dos grupos galegos emerxentes”.
Coro Son Elas e Lontreira
Este ano os encargados de amenizar a noite serán o coro “Son Elas”, que darán paso a “Lontreira” e estes a un espectáculo pirotécnico que finalizará a velada.
A agrupación “Son Elas” é un coro nado en Ames, integrado na súa totalidade por mulleres unidas pola súa paixón pola música. O seu repertorio inclúe unha ampla variedade de estilos, con pezas clásicas e contemporáneas.
Pola súa parte, “Lontreira” é unha banda galega formada por Rotce (bases e teclado), Adri Coyote (voz) e Iván Barral (guitarra), que en 2022 gañou o concurso da CRTVG á canción do verán con Corazón de Toxo. Un ano despois, sacaron o seu primeiro disco: Apnea, que presentaron na Illa de Arousa. Este grupo defínense dicindo que non teñen xéneros musicais e que traen dende ritmos caribeños como a cumbia ata sons máis eléctricos.
A actividade é de balde. Para coñecer máis información pódese contactar co Concello de Ames escribindo ao enderezo electrónico cultura@concellodeames.gal ou co de Negreira, escribindo a marcos.perez@concellodenegreira.es.
Escrito por Líder Redacción
ames negreira noites en vela ponte maceira radio lider santiago
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)