Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today9 septiembre, 2025
A Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), coa colaboración do Concello de Ames, organiza este venres, 12 de setembro, “Stock Fóra”, unha iniciativa coa que se busca impulsar a compra no comercio local e dinamizar as rúas de Ames con música, animación nas rúas, sorteos e descontos ao longo de toda a xornada
A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, resaltou que “o día 12 será un día de festa nas nosas rúas. Espero que os veciños e veciñas de Ames e da contorna visiten os nosos comercios e aproveiten estes descontos que se van facer. Estamos ante unha temporada de moito gasto, sobre todo para as familias coa volta ás aulas, e con este tipo de iniciativas axudemos á veciñanza a que estes gastos sexan un pouco máis leves»
O alcalde de Ames, Blas García, destacou que “os veciños e veciñas temos que valorar o comercio de proximidade. Por moito que merquemos en internet, ou que vaiamos a un gran centro comercial, temos que ter claro que non é o mesmo que visitar un dos comercios, que ademais son veciños nosos e moitos deles tamén están dando traballo a outros veciños do noso concello. Ninguén vai saber e coñecer as nosas necesidades, nin nos vai a atender como o poden facer nun comercio de proximidade. Ás veces non é sempre cuestión de mirar os prezos, senón tamén de mirar o servizo e mirar a calidade do mesmo”
Ames, 9 de setembro de 2025.- A Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), coa colaboración do Concello de Ames, organiza este venres, 12 de setembro, “Stock Fóra”, unha iniciativa coa que se busca impulsar a compra no comercio local e dinamizar as rúas de Ames con música, animación nas rúas, sorteos e descontos ao longo de toda a xornada. Deste xeito, haberá dúas actuacións de maxia a cargo do mago Charly na Avenida da Maía, unha ás 17.00 horas á altura de Koti e outra, ás 18.30 horas, a carón do salón de peiteado Imperfect. Tamén haberá un fotomatón e música a partir das 20.30 horas coa discomóbil Animus na rúa do Ameneiral. Ademais, nesta xornada realizarase un sorteo presencial dun vale de 500 euros para gastar nos comercios adheridos a XEA. O sorteo terá lugar ás 20.45 horas na rúa do Ameneiral.
O salón de plenos da Casa do Concello acolleu esta mañá a presentación de “Stock Fóra”, unha iniciativa organizada por XEA, coa colaboración do Concello de Ames, coa que se pretende incentivar e impulsar á veciñanza a mercar no comercio local cunha xornada na que os establecementos poidan sacar á rúa a mercancía que teñan en liquidación ou en desconto.
Á presentación asistiron o alcalde de Ames, Blas García; a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz; o presidente de XEA, Ramón Cordido; e a xerente de XEA, Beatriz López.
A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, resaltou que “o día 12 será un día de festa nas nosas rúas. Espero que os veciños e veciñas de Ames e da contorna visiten os nosos comercios e aproveiten estes descontos que se van facer. Estamos ante unha temporada de moito gasto, sobre todo para as familias coa volta ás aulas, e con este tipo de iniciativas axudemos á veciñanza a que estes gastos sexan un pouco máis leves».
O presidente de XEA, Ramón Cordido, subliñou que “como ben dicimos sempre, en Ames témolo todo, e o que intentamos sempre desde a asociación XEA e o Concello, é organizar todo o posible para que a veciñanza teña un motivo para visitar as nosas rúas e comercios. Porque se a xente sae á rúa, o corazón do pobo, da vila, que é o comercio, funciona mellor».
O alcalde de Ames, Blas García, destacou que “os veciños e veciñas temos que valorar o comercio de proximidade. Por moito que merquemos en internet, ou que vaiamos a un gran centro comercial, temos que ter claro que non é o mesmo que visitar un dos comercios, que ademais son veciños nosos e moitos deles tamén están dando traballo a outros veciños do noso concello. Ninguén vai saber e coñecer as nosas necesidades, nin nos vai a atender como o poden facer nun comercio de proximidade. Ás veces non é sempre cuestión de mirar os prezos, senón tamén de mirar o servizo e mirar a calidade do mesmo”.
Stock Fóra en Bertamiráns
Polo tanto, este venres 12 de setembro, os comercios de Bertamiráns, adheridos a XEA, poderán sacar á rúa a mercancía que teñan en liquidación ou desconto. Poderase atopar unha ampla variedade de produtos, como roupa, zapatos, libros ou artesanía, entre outros. A iniciativa realizarase por tódalas rúas de Bertamiráns. Deste xeito, búscase incentivar á compra no comercio de proximidade, ademais de dinamizar e animar a vida nas rúas de Ames.
Por outra banda, realizarase un sorteo presencial dun vale de 500 euros para gastar nos comercios adheridos á Xuntanza de Empresarios de Ames. Para participar no sorteo, hai que realizar unha compra, sen importe mínimo e nos comercios da asociación, durante a xornada de “Stock Fóra”. O sorteo terá lugar ás 20.45 horas na rúa do Ameneiral.
Ademais, xa pola tarde, haberá unha programación que traerá animación e troula ás rúas da localidade. Por un lado, contarase con dúas actuacións do mago Charly na Avenida da Maía, unha que terá lugar ás 17.00 horas á altura da tenda de decoración Koti, e outra ás 18.30 horas a carón do salón de peiteado Imperfect. De seguido, xa ás 20.30 horas, a música virá da man da discomóbil Animus na rúa do Ameneiral e tamén haberá un fotomatón.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)