Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today20 noviembre, 2023
A Baña, 20-11-2023.- O pavillón polideportivo de Lañas foi o escenario do I Torneo de Pádel A Baña, no que 27 parellas demostraron o seu talento e habilidades o venres 17 e o sábado 18 de novembro.
O evento, organizado polo Concello da Baña, disputouse nas categorías 3ª masculina, 3ª feminina e 3ª mixta, e resultaron campioas as parellas formadas por Manuel Soto e Jesús Mejías; Noelia Fraga e Lidia Ferreras; e Silvia Bello e Celestino Mariño.
A concelleira de Deportes, Ana Pensado, foi a encargada de entregar os trofeos ás parellas vencedoras. O alcalde da Baña, José Antonio Pereira, tamén se achegou ao polideportivo de Lañas para apoiar e vivir a emoción deste evento deportivo.
Ademais dos merecidos trofeos para as parellas campioas, todas as persoas participantes recibiron agasallos en recoñecemento ao seu esforzo e entusiasmo.
Galería de fotos do I Torneo de Pádel A Baña:
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)