Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today2 junio, 2025
O proxecto educativo Fala que Fala, impulsado por Radio Líder en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, chega mañá martes ao IES Faro das Lúas en Vilanova de Arousa. O programa emitirase en directo das 10:00 ás 12:00 horas, cun formato dinámico e participativo que busca achegar o galego á mocidade a través da radio.
O alumnado de 1º e 2º da ESO terá como convidado a Nolo Chazo, director da Escola de Artes Caliveras, músico e socio da Taberna Cultural A Cofradía. A súa traxectoria no eido cultural e artístico será o fío condutor dunha entrevista na que os estudantes poderán profundizar no seu labor e na importancia do galego nas artes e na música.
Como en cada edición, unha vez rematada a emisión, os participantes gravarán pezas multimedia para promover o uso do idioma, que se difundirán a través de Radio Líder e das súas redes sociais.
Tras o seu paso por centros como o CPR Plurilingüe Vila de Arenteiro (O Carballiño), o IES Oroso, o Liceo La Paz da Coruña, o IES Manuel García Barros da Estrada e o IES Ordes, Fala que Fala segue o seu percorrido pola xeografía galega, combinando creatividade e dinamización lingüística.
A primeira tempada do proxecto pechará o 10 de xuño cunha gran festa do galego na Cidade da Cultura, organizada por Radio Líder co apoio da Secretaría Xeral da Lingua e o patrocinio de Ferrecal, Cotelga, A1 Seguridade, Vegalsa-Eroski, Forvigal, Centro Comercial As Cancelas, Finsa, Restaurante Raxoi e Eme Audiovisuais. O evento reunirá a todos os centros participantes e incluirá sorpresas e actividades para a mocidade.
Escrito por Líder Redacción
fala galego fala que fala ies faro das luas vilanova de arousa
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)