Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today26 diciembre, 2023
Os dous traballadores facían o seu traballo cando ocorreu o fatídico accidente. Precipitáronse dende o tellado que arranxaban no lugar de Vilasuso, en Tallo, no concello coruñés de Ponteceso.
Así o comunicou o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao 112 Galicia cando, sobre as 18:15 horas, contactaron cos xestores de emerxencias para informar do suceso. Indicaban que unha ambulancia xa se desprazaba cara o punto, sen embargo, nada puideron facer por salvarlle a vida a un dos operarios.
Desde o 112 Galicia nada mais recibir o aviso, puxo os feitos en coñecemento da Garda Civil e dos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.
Operario ferido no Irixo
Tamén, el 112 Galicia tivo constancia contra as 13 horas desta tarde, a través do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 doutro accidente laboral. Neste caso tratouse dun operario que caera desde unha altura nunha casa da parroquia de Dadín.
Desde o CIAE-112 Galicia informouse ao GES de Avión e á Garda Civil. Pola súa banda, os servizos sanitarios mobilizaron aos seus profesionais a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)