Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Unha muller faleceu este xoves tras ser atropelada por un camión que transportaba produtos de alimentación na Avenida Benito Vigo, no municipio da Estrada, á altura das oficinas de Facenda.
O suceso produciuse arredor das 11.00 horas, cando o 112 Galicia recibiu varios avisos alertando do atropelo. Segundo a información facilitada polo servizo de emerxencias, a vítima quedou atrapada debaixo do vehículo.
Ata o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que xa foran mobilizados tras ter coñecemento do accidente. Tamén interviñeron axentes da Policía Local, membros do GES da Estrada e efectivos dos Bombeiros do Deza, activados para colaborar nas tarefas de rescate e asistencia.
Malia a rápida intervención dos servizos de emerxencias, pouco despois confirmouse o falecemento da muller no propio lugar do sinistro. As circunstancias nas que se produciu o atropelo están a ser investigadas.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)