Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
A familia asegurou que recibira un golpe na cabeza como consecuencia dunha caída en Andeán, Melide.
Así o explicaron a través da súa chamada ao 112 Galicia ao fío das sete desta tarde. Segundo indicaron, a señora caeu na estrada de costas e levou un forte golpe na cabeza. Pouco despois, faleceu.
Desde o 112, pediuse a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviou unha dotación en helicóptero medicalizado.
Tamén solicitouse o apoio das forzas da orde, neste caso da Garda Civil e da Policía Local de Melide.
Con todo, os esforzos foron en balde, xa que a muller resultou falecida finalmente.
Pola súa parte, os axentes de seguridade tratan de recoller toda a información posible sobre o suceso co fin de determinar as causa do pasamento.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)