Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today13 marzo, 2025
O auditorio do centro social polivalente de Brión acollerá, o venres 4 e o sábado 5 abril, a terceira edición do Festival de Cine Galego “O Tremo”, un evento organizado polo Concello de Brión e Aldea Producións. Unha iniciativa que foi presentada hoxe polo alcalde, Pablo Lago, e os responsables de Aldea Producións, Ramón Cordido e Xacobe Sineiro, quen estiveron acompañados polo técnico municipal de Cultura, Alberto Álvarez.
Os filmes escollidos para esta edición son “As Neves” e “+Cuñados”. Faranse dous pases de cada filme, coa novidade de que nesta edición terá lugar unha sesión privada do filme “As Neves”, o venres 4 de abril ás 11:00 horas, para o alumnado do IES Brión, que terá ocasión de conversar coa directora Sonia Méndez e cos actores Andrea Varela e David Fernández, protagonistas do filme,. Os tres pases públicos serán de entrada gratuíta, se ben para asistir será necesario realizar reserva previa a través de bandoticket.com.
Pablo Lago destaca “a boa acollida que ten este festival, que serve para poñer en valor o presente do audiovisual galego e achegalo de forma gratuíta aos veciños e veciñas de Brión, tanto a través da proxección das películas como de coñecer aos seus directores e actores”. Un punto no que coincide, Ramón Cordido, para quen este festival “é unha ocasión para achegar o cine galego a unha localidade como Brión, moi ligada á cultura”, ademais de destacar “a súa integración no municipio porque imos contar con actuacións da Banda de Música de Brión e faremos un pase especial para o alumnado do instituto” O Festival de Cine Galego “O Tremo” está organizado por Aldea Producións e o Concello de Brión, en colaboración con Gadis, Vagalume pellets de madeira, Seguridade A1, Delta Telecom e Hermo Óptica.
Películas
O venres 4 de abril, ás 21:00 horas, proxectarase o filme “As Neves” (2024), dirixida e guionizada por Sonia Méndez, no seu debut como directora. Protagonizada por Adrea Varela, David Fernández, Antía mariño e Xacobe Bruña, conta a historia dun grupo de mozos e mozas que espertas despois dunha festa de Entroido nun pobo de montaña e descobren que unha das rapazas desapareceu no medio dun trebón de neve.
O sábado 5 de abril, ás 18:00 e 21:00 horas, proxectarase a comedia “+Cuñados” (2024), dirixida por Luís Avilés e escrita por Araceli Gonda. Unha secuela do filme do mesmo nome protagonizada por Xosé Antonio Touriñán, Miguel de Lira e Federico Pérez, quen xa ten confirmada a súa asistencia ao festival.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)