AD

Actualidad

Fillas de Cassandra e De Ninghures sorprenden en Padrón cantando xuntos

today21 julio, 2024

Fondo
share close
AD
  • O público gozou coa camaredería a boa música das dúas agrupacións, que encheron de boa música o Campo do Souto
  • Dios ke te crew abriu o venres os ciclos que concertos, que continuará a vindeira fin de semana cos festivais Open Air

Padrón. 21-7-2024.- O dúo vigués Fillas de Cassandra e o grupo pangalaico De Ninghures sorprenderon este sábado ao público padronés que asistiu aos concertos no Campo de Souto cando viu como ambas agrupacións se fusionaban para tocar algúns dos temas durante as súas respectivas actuacións.

Primeiro foron Sara e María quen se subiron ao escenario durante o concerto de De Ninghures para cantar un dos temas do repertorio dos sete integrantes da banda galega. Despois, o dúo vigués invitou primeiro aos integrantes de De Ninghures a bailar unha muiñeira, reto que non dubidaron en aceptar diante da sorpresa dun público que aplaudiu con ganas. Pouco despois Marta e Eva (De Ninghures) volvían subir ao escenario para cantar unha canción con Fillas de Cassandra.

Foron as sorpresas dunha noite na que triunfou a boa música da terra. De Ninghures, a banda de música folk que se define como un grupo pangalaico, integrado por xente de toda Galicia, animou ao público coas súas “xotas e muiñeiras”. No seu repertorio de onte incluíron o tema Poço, unha canción que estrearon hai poucos días. A súa actuación rematou con Morena,  a canción coa que gañaron este ano o Premio aRi(t)mar á mellor canción galega de 2023.

Despois subiron ao escenario Sara Faro e María Soa, agradecendo ao público presente que asistise “a este convite das Últimas dionisíacas”, as festas que se celebraban en Grecia na honra do teatro, da danza e da música” e que da nome a xira do grupo. Durante a súa actuación, Fillas de Cassandra interpretou algúns dos temas máis coñecidos do dúo galego de moda que bebe do legado das cantareiras e pandeireteiras e que reivindica o feminismo e a necesidade de dar visibilidade ao talento artístico da muller, fusionando na súa música tradición e modernidade.

O concerto rematou coa versión traducida ao galego do clásico MariCarmen, un tema moi aplaudido e seguido polo público, entre o que había algunhas adolescentes amosando pancartas de apoio. A concelleira de Turismo e Festexos, Chus Campos, e o de Deportes, Luis Mariño, atopábanse entre os centos de persoas que asistiron aos concertos de onte, que remataron coa actuación da Rapariga DJ.

Os concertos da Festas do Santiaguiño de Padrón comezaron este ano a noite do venres coa actuación do grupo de hip hop ordense Dios ke te crew e de La Yaya DJ.

A música voltará os vindeiros venres e sábado cos concertos de Open Air.

Antes, nas Festas do Santiaguiño, este mércores 24 Padrón gozará co festival Asnot, a actuación do grupo folclórico Rosalía de Castro e a Hinchadiña Branca Vela. O xoves 25 será o día grande, coa romaría no Santiaguiño do Monte.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%