Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Fitur premia o deseño do expositor de Galicia, co que se converte nunha das comunidades máis recoñecidas da historia do certame
O xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas, recolleu o galardón na última xornada
O xurado valorou a atención ao público e a calidade do material de promoción que está a disposición dos visitantes
O xurado especializado valorou a calidade, orixinalidade e promoción, e destacou o impacto visual e a operatividade do espazo para as actividades que teñen lugar no expositor. O stand de Galicia, de máis de 1.000 metros, acolleu nestes tres días primeiros días de xornadas profesionais ao redor de medio cento de presentación de destinos. Este ano estreou un deseño orixinal tematizado na auga como elemento que define a identidade da Comunidade, como recurso natural e elemento vital do territorio. Deste xeito, representouse o mar, o termalismo, mananciais, ríos, fervenzas, encoros, lagoas, húmedas, fontes e mesmo a choiva.
Durante estes días profesional, e durante esta fin de semana de apertura ao público, o expositor está a axudar a proxectar ao mundo Galicia como un destino de calidade, singular e desde a perspectiva dun turismo respectuoso e sostible.
O espazo concíbese como un conxunto que transmite a autenticidade de Galicia como destino turístico, apelando á esencia da paisaxe, o contacto coa natureza e como un lugar evocador e máxico. Fusiona vangarda e tradición onde destaca o impacto visual, producido polo uso dunha pantalla de leds de 25 metros de largo.
Na pasada edición, Turismo de Galicia xa obtivera o Premio ao Mellor Stand Sostible de Fitur. O xurado valorou o coidado en aspectos como o impacto medioambiental, económico e social. Nesta edición seguíronse a utilizar parámetros sostibles baseados na economía circular: uso de materiais reciclados e reciclables, con certificados de xestión responsable, materias primas de proximidade e mesmo o proceso artesanal na manufactura do stand tendo en conta oficios e materiais tradicionais.
Tamén se aposta pola artesanía local e creativa coa presenza das Redeiras de Corme realizando labores con refugallos procedentes das artes de pesca, así como o apoio ao emprendemento artesán e ao mantemento de tradicións. Ademais dispón de módulos dedicados á oferta turística xeral de Galicia, establecementos turísticos co selo de Galicia Calidade, Q de Calidade e S de Sostibilidade, Camiño de Santiago, Turismo Termal, Turismo Activo, Turismo Náutico, Sanxenxo, territorio de preferente actuación turística, as catro Provincias galegas, as 7 Cidades e produtos do Clúster Turismo de Galicia.
Do mesmo xeito, tamén houbo mostras de productos enogastronómicos coa participación de profesionais e de persoal do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG). Durante estes tres primeiros días dedicados ao sector profesional, o stand volveu a acoller unha área profesional para o Cluster de Turismo de Galicia.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)