AD

Comarca

Gran participaron no curso de reanimación cardiopulmonar en Brión

today27 octubre, 2025

Fondo
share close
AD

27 de outubro de 2025.- O centro social polivalente de Brión quedou pequeno para acoller o curso gratuíto de reanimación cardiopulmonar organizado polo Concello de Brión e impartido por monitores da rede de voluntariado Cardioangel. Un curso de dúas horas de duración no que as persoas asistentes recibiron unha formación inicial en RCP e despois puxeron en práctica os coñecementos adquiridos.

Un evento no que participou a concelleira de Servizos Sociais, Rosa Romero, quen agradeceu a iniciativa de Cardioangel e destacou “a importancia de que o maior número de persoas aprendamos a facer técnicas de primeiros auxilios, pois se todos o aprenderamos de novos saberíamos como actuar diante determinadas situacións e se poderían salvar moitas vidas”. Por iso non descartou realizar novas sesións prácticas, tanto dirixidas á veciñanza en xeral como a determinados sectores como a realizada este venres no polivalente..

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *