Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today22 julio, 2025
Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2025. O Grupo Municipal Socialista levará ao Pleno deste mes de xullo unha proposición para instar ao Goberno Municipal a resolver unha problemática que os veciños e veciñas do barrio de Fontiñas trasladaron ao grupo e que os propios socialistas puideron comprobar nunha visita recente ao barrio.
Tal e como explicou o voceiro socialista, Gumersindo Guinarte, a situación afecta ao mal estado das beirarrúas, especialmente na rúa Roma, pero tamén noutras vías como a rúa Berlín, a rúa Lisboa ou o Paseo das Hortensias. “Nesas rúas, as raíces dos plátanos de sombra están a levantar o pavimento, xerando risco para os peóns e facendo que as beirarrúas sexan realmente intransitables, sobre todo para as persoas maiores ou con mobilidade reducida”, sinalou Guinarte.
A través desta iniciativa, as e os socialistas propoñen ao Goberno de Sanmartín a elaboración dun plan de actuación “que pode ser en diversas fases, que inclúa a substitución destas árbores por outras máis adecuadas e, por suposto, a reposición das beirarrúas” explicou Guinarte.
“O Goberno debe actuar xa para frear o deterioro dun barrio que é un exemplo de bo urbanismo e cuxos veciños e veciñas merecen un entorno coidado, seguro e digno”, concluíu o voceiro socialista.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)