AD

Actualidad

Guinarte critica a «improvisación» do Goberno do BNG-CA coa taxa turística e pide «diálogo real» co sector

today16 julio, 2025

Fondo
share close
AD
  • Os socialistas reprocha á alcaldesa que tente improvisar explicacións de última hora a quince días da entrada en vigor e pide que se reconduza o proceso con consenso e responsabilidade.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2025. O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Gumersindo Guinarte, volveu advertir hoxe das consecuencias de tramitar a ordenanza da taxa turística sen un diálogo real e efectivo co sector. “Dende o Grupo Municipal Socialista xa advertíramos, incluso no Pleno municipal, que o Goberno da señora Sanmartín non estaba mantendo o diálogo necesario co sector para a implantación da taxa turística” asegurou.

Segundo o voceiro “hoxe confirmamos aqueles temores que tiñamos porque aínda agora, a quince días de inicio do mes de agosto, o Goberno Municipal vai a reunirse co sector para cuestións prácticas da posta en marcha deste tributo”.

Guinarte cualificou de “especialmente grave” que o Goberno Municipal da señora Sanmartín convoque ao sector hoxe, ás cinco da tarde, para explicar cuestións básicas como o funcionamento da autoliquidación, as declaracións responsables ou a documentación que deben conservar os establecementos.

O PSdeG considera tamén un erro que esta medida entre en vigor en pleno mes de agosto, coincidindo coa tempada alta da actividade turística, “por iso pedímoslle á alcaldesa, á señora Sanmartín, que reconsidere a súa vontade de poñer en marcha a taxa turística no mes de agosto, con tan pouco tempo para que os establecementos de adapten a este sistema” advertiu o portavoz socialista.

Por todo iso, Guinarte pediu á alcaldesa que reconsidere os prazos de aplicación da ordenanza, abra un verdadeiro proceso de diálogo coas persoas afectadas e rectifique a tempo para garantir seguridade e estabilidade ao conxunto do sector afectado e “que dialogue co sector, que faga agora o que tiña que ter feito hai xa meses”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *