AD

Actualidad

Guinarte: “Non haberá moción de censura nin apoio a un goberno de dereitas en Santiago”

today1 octubre, 2025

Fondo
share close
AD

O Grupo Municipal Socialista recordou hoxe que o pasado 17 de setembro solicitou formalmente ao Goberno municipal unha reunión de seguimento para avaliar o nivel de execución dos acordos incluídos nos orzamentos de 2024 e 2025.

“Queremos analizar o nivel de execución dos acordos previstos tanto no ano 2024 como no ano 2025, pero tamén queremos ver o nivel de execución das previsións de ingresos que fixo o goberno municipal como paso previo, insistimos, á negociación dos orzamentos do ano 2026”, indicou a concelleira socialista Marta Abal.

A edil explicou que os socialistas queren coñecer con detalle o grao de cumprimento de proxectos estratéxicos como o novo contrato de transporte público, o ciclo integral da auga, a situación do aparcadoiro do Clínico ou o investimento comprometido no rural. “Non é un cheque en branco, necesitamos ver os puntos exactos nos que se atopan os proxectos estratéxicos que son para a cidade”, subliñou.

Abal alertou, ademais, da situación preocupante na xestión interna do Concello, lembrando que seguen sen nomearse prazas de procesos selectivos convocados no anterior mandato e que tampouco se teñen convocado as ofertas de emprego de 2023, 2024 e 2025. Mostrou tamén a súa preocupación polo recente comunicado do órgano de xestión orzamentaria, que impón autorización previa para calquera alteración contable, algo que, segundo a socialista, esperta “dúbidas de se se produciu algún tipo de actuación administrativa ou política que afecte a integridade municipal”.

Outro dos puntos sinalados polos socialistas é a estabilidade financeira do Concello. Abal advertiu de que, segundo os informes do orzamento de 2025, hai ingresos previstos por 2,86 millóns e 5,5 millóns de euros —correspondentes á taxa turística e ás novas licenzas de taxi— que “non se van producir”. “A alcaldesa veu a recoñecer que o proceso é máis lento do esperado”, polo que o seu cumprimento é improbable. Por iso, pediu que na comisión de seguimento solicitada se analice tamén “o nivel de execución dos acordos de 2024 e 2025 e o cumprimento das previsións de ingresos feitas polo goberno municipal”.

Pola súa banda, o voceiro socialista, Gumersindo Guinarte, puxo o foco na necesidade de resolver o futuro do ciclo integral da auga. “O Concello non ten capacidade nin recursos para asumir en solitario os investimentos urxentes, tanto na renovación das canalizacións urbanas como na extensión da rede ao rural. A solución terá que vir da algunha outra fórmula”, sinalou, insistindo en que a súa postura non é ideolóxica senón práctica: “O que importa é asegurar que o servizo se preste con niveis aceptables de calidade o máis pronto posible”.

En relación coa taxa do lixo, Guinarte considerou “profundamente inoportuno” o plantexamento do Goberno local. “Tal e como se atopa a prestación dese servizo, é o momento de dicirlles aos cidadáns que teñen que pagar máis? A nosa postura foi clara: primeiro mellorar a prestación e facer cumprir á concesionaria o contrato”.

Por último, o portavoz socialista respondeu ás especulacións do PP sobre unha posible moción de censura. Guinarte foi rotundo: “Non haberá moción de censura nin apoio a un goberno de dereitas en Santiago”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *