AD

Actualidad

Homenaxe á militancia que leva máis de 40 anos «construíndo o socialismo» en Santiago

today24 noviembre, 2024

Fondo
share close
AD
  • Esta iniciativa, que marca un fito para a agrupación compostelá, pretende consolidarse como unha celebración anual de recoñecemento á contribución dos e das que adican boa parte da súa vida ao proxecto socialista

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2024. A agrupación socialista de Santiago celebrou onte un emotivo acto de homenaxe aos seus militantes con máis de 40 anos de traxectoria no partido. Nunha xuntanza chea de recoñecemento, a agrupación quixo poñer en valor o legado destes homes e mulleres que levan décadas contribuíndo á construción dun futuro mellor desde os ideais socialistas.

Esta iniciativa, que marca un fito para a agrupación compostelá, pretende consolidarse como unha celebración anual de recoñecemento á contribución dos e das  que adican boa parte da súa vida ao proxecto socialista. O encontro de onte foi, ademais, unha oportunidade para fortalecer os lazos entre compañeiros e compañeiras arredor dun bo cocido, símbolo da camaradería que caracteriza ao socialismo galego.

Durante o acto de homenaxe  interviron o secretario xeral da agrupación de Santiago, Aitor Bouza; o secretario provincial da Coruña, Bernardo Fernández, a vicesecretaria xeral compostelá, Marta Álvarez-Santullano e o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro. Nos seus discursos destacaron o recoñecemento á longa traxectoria dos militantes homenaxeados e a importancia de manter vivo o legado socialista e coincidiron en resaltar o papel fundamental da militancia como alicerce do partido, especialmente nun contexto político como o actual marcado pola polarización e os ataques da dereita.

Subliñaron, así mesmo, a necesidade de fortalecer os valores socialistas e de renovar o compromiso con aqueles principios que teñen guiado o partido ao longo das décadas. Actos como este, sinalaron, non só representan un xesto de xustiza e agradecemento colectivo, senón tamén unha inspiración para seguir traballando con determinación polos retos do presente e do futuro.

O acto concluíu nun ambiente de celebración e emoción compartida. Os compañeiros e compañeiras homenaxeados José Álvarez Rúa, Joaquín Lucas Buergo del Río, Esther Gigirey Paredes, Roberto Herranz González, Ramón Iglesias Seijas, Miguel López Varela, Carlos Nieves Vicente, Manuel Peleteiro Fernández, Eduardo Ramonde Rodríguez, Víctor Manuel Rodríguez Fernández e Luis Toxo expresaron o seu agradecemento e renovaron o compromiso de seguir contribuíndo ao proxecto socialista, fortalecendo así os valores que definen a agrupación de Santiago. Tívose unha mención especial para o compañeiro Manuel Jaime Barreiro que leva máis de 50 anos como militante.

No acto estivo presente tamén o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o deputado autonómico, Julio Abalde e o deputado provincial, Antonio Leira, así como alcaldes e compañeiros/as da comarca.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%