Santiago ofrecerá unha recepción institucional a Borja Iglesias o vindeiro luns
O futbolista compostelán será recibido pola Corporación Municipal o 14 de setembro ás seis da tarde no Pazo de Raxoi, tras converterse este verán no primeiro xogador galego en gañar o Mundial. As persoas que o desexen poderán achegarse á praza do Obradoiro para participar desta acollida. O Pazo de Raxoi acollerá o vindeiro luns, 14 de setembro, ás 18.00 horas unha recepción oficial ao futbolista compostelán Borja Iglesias (Santiago de Compostela, 1993), cunha importante traxectoria deportiva de base en […]