Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Comezan as obras de mellora e ampliación no CEIP Ortigueira, acometidas pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia cun presuposto aproximado para este investimento de 430.000 €.
Esta intervención suporá unha nova cuberta exterior, a ampliación e adaptación do ximnasio, a instalación de aseos nesta parte de nova creación, así como un almacén e unha gradaría.
Deste xeito este centro escolar, que no curso 24-25 ten 87 persoas matriculadas entre os 3 e os 12 anos, poderá aumentar a calidade das actividades propostas así como as opcións para a cativada cando a meteoroloxía non lles permita estar no patio.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)