AD

Actualidad

Lisdexia, protagonista do primeiro Onda Chicha da tempada

today30 octubre, 2025

Fondo
share close
AD

A iniciativa ONDA CHICHA, impulsada por Chichalovers e Radio Líder Santiago, xa ten os gañadores da primeira fornada: LISDEXIA, un grupo muradano que tece un son propio e contundente, mesturando garage-punk con toques de música tradicional, pop e mesmo funk. O resultado é un estilo enérxico, fresco e inconfundible, pensado para prender as pistas e facer tremer os escenarios.

Moi pronto poderase escoitar a súa entrevista en Radio Líder Santiago e ler a crónica en Quincemil Santiago, ademais de desfrutar dun tema gravado en exclusiva dende o Chichalovers.

Esta primeira fornada do proxecto contou cunha altísima participación e un nivel artístico que fixo difícil a elección do gañador, demostrando o gran momento que vive a nova xeración musical galega.

As inscricións para a seguinte convocatoria xa están abertas (ata o 30 de novembro), e todas as bandas e artistas emerxentes galegos poden participar para formar parte desta plataforma que mestura música, entrevistas e gravacións profesionais.

Cada mes, un novo artista ou banda será seleccionada para:

  • Realizar unha entrevista exclusiva en Radio Líder Santiago.

  • Gravar un tema profesional no Chichalovers.

  • Actuar no gran evento final, o ChichaFest 2026, que se celebrará na Sala Capitol de Santiago.

ONDA CHICHA é unha xanela aberta á nova onda da música galega. Queremos descubrir e acompañar ás voces que están marcando o futuro do noso panorama musical”, explican desde a organización, que salientan tamén a importancia de ofrecer espazos profesionais e visibilidade mediática ás novas xeracións de artistas.

As inscricións poden realizarse a través das redes sociais de Chichalovers e da web de Radio Líder Santiago, e a convocatoria manterase aberta de forma mensual ata abril de 2026.

LISDEXIA abre o camiño dunha nova onda musical galega. E ti, vas quedar fóra?

Bases Onda Chicha

Formulario Onda Chicha

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *