AD

Onda Chicha

20 Resultados / Página 1 de 3

Fondo
AD

Actualidad

“Non me pasa”, o novo videoclip de Fuego Lolita, estrearase en primicia en Radio Líder Santiago

O videoclip estrearase este venres na nosa web mentres a banda prepara actuacións nas festas de San Pedro, no Festigal, en Negreira e no Rock in Rian A banda compostelá Fuego Lolita, representada nos estudos de Radio Líder Santiago por Adrián Caride e Daniel Balsa, presentou o seu novo videoclip, correspondente ao tema “Non me pasa”, que se estreará este venres 26 de xuño en primicia na web da emisora. O grupo, gañador da sétima convocatoria de Onda Chicha e […]

today23 junio, 2026 2

Actualidad

Onda Chicha coroa a Skadelos como a banda emerxente de referencia en Galicia

A banda do Carballiño Skadelos converteuse na gañadora da primeira edición de Onda Chicha, o proxecto impulsado por Chichalovers e Radio Líder Santiago para descubrir, promocionar e impulsar o talento emerxente da música galega. A decisión deuse a coñecer durante a celebración do ChichaFest, un festival que reuniu o pasado sábado na Sala Capitol de Santiago de Compostela música, gastronomía e produto de proximidade nunha xornada que serviu para pechar varios meses de concurso e visibilización de novos proxectos musicais. […]

today15 junio, 2026

Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

Onda Chicha, a iniciativa impulsada por Chichalovers e Radio Líder Santiago para apoiar novas bandas e proxectos musicais, celebrará o 13 de xuño unha gran final con actuacións de Fuego Lolita, WhyNot? e Skadelos, gastronomía local e un premio profesional para a banda gañadora A Sala Capitol de Santiago acollerá o próximo 13 de xuño o Chichafest, a gran final da primeira edición do Onda Chicha, un proxecto nacido para impulsar e dar visibilidade ao talento musical emerxente galego. O […]

today2 junio, 2026

Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

Onda Chicha xa ten pechado o cartel do seu gran festival final. As bandas Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos serán as encargadas de subir ao escenario da Sala Capitol de Santiago de Compostela o próximo 13 de xuño, nunha sesión vermú que dará comezo ás 13:00 horas, e coa que se pechará esta primeira edición do proxecto impulsado por Chichalovers e Radio Líder Santiago. As tres formacións foron seleccionadas entre as gañadoras das sete convocatorias de Onda Chicha. Ao […]

today27 mayo, 2026

Actualidad

Fuego Lolita: do local de ensaio a gañar a sétima convocatoria de Onda Chicha e actuar no Festigal

A banda compostelá prepara o lanzamento do seu primeiro EP mentres reivindica os espazos para grupos novos e o gran momento creativo que vive a música en galego A banda compostelá Fuego Lolita, unha das formacións destacadas da última edición de Onda Chicha, amosa unha combinación pouco habitual de espontaneidade, talento e convicción. Nacida da unión dun grupo de amizades procedentes de distintos puntos de Galicia e asentadas en Santiago de Compostela, a formación afronta os seus primeiros pasos cun […]

today26 mayo, 2026

Actualidad

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha

A banda Fuego Lolita convértese no proxecto gañador da sétima e última convocatoria de Onda Chicha, o programa impulsado por Chichalovers e Radio Líder Santiago para apoiar, visibilizar e impulsar novas propostas musicais galegas. Procedentes da nova escena emerxente, Fuego Lolita presenta unha proposta de pop-punk fresca, directa e cargada de enerxía, cun estilo que transforma as preocupacións da xeración Z en cancións rápidas, bailables e cheas de ironía. A banda destaca tamén polo seu potente directo e pola conexión […]

today18 mayo, 2026

Actualidad

Onda Chicha: Skadelos electrifica o seu ADN acústico e gaña músculo sen perder esencia

A banda do Carballiño destaca en Radio Líder Santiago a importancia da visibilidade para grupos emerxentes e reivindica a música en galego como sinal de identidade A banda Skadelos, gañadora da sexta convocatoria do proxecto musical Onda Chicha, pasou polos micrófonos de Radio Líder Santiago nunha entrevista marcada pola ilusión, a reivindicación cultural e a análise do momento actual da música galega. O grupo, formado no Carballiño, repasou a súa traxectoria, desde os seus inicios en formato acústico ata a […]

today28 abril, 2026

Actualidad

Skadelos incorpórase ao palmarés de Onda Chicha como gañador da sexta edición

A iniciativa de Chichalovers e Radio Líder Santiago, centrada en impulsar a música emerxente galega, ten aberto xa o prazo da súa sétima e última convocatoria A banda Skadelos convértese no proxecto gañador da sexta convocatoria de Onda Chicha, o programa impulsado por Chichalovers e Radio Líder Santiago que busca apoiar, visibilizar e dar impulso a novas propostas musicais en Galicia. Procedentes do Carballiño, Skadelos nace como unha banda formada por un grupo de mozos que decidiron levar ao escenario […]

today17 abril, 2026

Arte y Cultura

Derrotismo alegre e punk noventeiro, así soa Noite Atari: “En Galicia hai bandas a patadas, faltan escenarios”

A banda gañadora da quinta convocatoria de Onda Chicha repasa en Radio Líder Santiago a súa traxectoria, influencias e unha visión crítica da escena musical galega actual A banda galega Noite Atari, gañadora da quinta convocatoria do concurso Onda Chicha, pasou polos micrófonos de Radio Líder Santiago nunha entrevista marcada pola naturalidade, o humor e unha mirada crítica sobre a realidade da música en Galicia. O grupo, formado por Dani, Miguel e Álex —coa ausencia de Nano por motivos laborais—, […]

today30 marzo, 2026

AD