AD

ChichaFest

8 Resultados / Página 1 de 1

Fondo
AD

Actualidad

Onda Chicha coroa a Skadelos como a banda emerxente de referencia en Galicia

A banda do Carballiño Skadelos converteuse na gañadora da primeira edición de Onda Chicha, o proxecto impulsado por Chichalovers e Radio Líder Santiago para descubrir, promocionar e impulsar o talento emerxente da música galega. A decisión deuse a coñecer durante a celebración do ChichaFest, un festival que reuniu o pasado sábado na Sala Capitol de Santiago de Compostela música, gastronomía e produto de proximidade nunha xornada que serviu para pechar varios meses de concurso e visibilización de novos proxectos musicais. […]

today15 junio, 2026

Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

Onda Chicha, a iniciativa impulsada por Chichalovers e Radio Líder Santiago para apoiar novas bandas e proxectos musicais, celebrará o 13 de xuño unha gran final con actuacións de Fuego Lolita, WhyNot? e Skadelos, gastronomía local e un premio profesional para a banda gañadora A Sala Capitol de Santiago acollerá o próximo 13 de xuño o Chichafest, a gran final da primeira edición do Onda Chicha, un proxecto nacido para impulsar e dar visibilidade ao talento musical emerxente galego. O […]

today2 junio, 2026

Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

Onda Chicha xa ten pechado o cartel do seu gran festival final. As bandas Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos serán as encargadas de subir ao escenario da Sala Capitol de Santiago de Compostela o próximo 13 de xuño, nunha sesión vermú que dará comezo ás 13:00 horas, e coa que se pechará esta primeira edición do proxecto impulsado por Chichalovers e Radio Líder Santiago. As tres formacións foron seleccionadas entre as gañadoras das sete convocatorias de Onda Chicha. Ao […]

today27 mayo, 2026

Actualidad

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha

A banda Fuego Lolita convértese no proxecto gañador da sétima e última convocatoria de Onda Chicha, o programa impulsado por Chichalovers e Radio Líder Santiago para apoiar, visibilizar e impulsar novas propostas musicais galegas. Procedentes da nova escena emerxente, Fuego Lolita presenta unha proposta de pop-punk fresca, directa e cargada de enerxía, cun estilo que transforma as preocupacións da xeración Z en cancións rápidas, bailables e cheas de ironía. A banda destaca tamén polo seu potente directo e pola conexión […]

today18 mayo, 2026

Destacado

A banda compostelá Noite Atari gaña a quinta convocatoria de Onda Chicha

A iniciativa de Chichalovers e Radio Líder Santiago, creada para apoiar, visibilizar e impulsar a música emerxente en Galicia, mantén aberto ata o 29 de marzo o prazo da súa sexta convocatoria para novas bandas e artistas A banda compostelá Noite Atari é a gañadora da quinta convocatoria de Onda Chicha, o proxecto impulsado por Chichalovers e Radio Líder Santiago para dar visibilidade e oportunidades a bandas e artistas emerxentes da escena musical galega. Noite Atari naceu en Santiago de […]

today13 marzo, 2026

Actualidad

Amaramar, un proxecto musical nacido tras unha furgoneta avariada e unha paixón polo mar

A banda é a gañadora da segunda convocatoria de Onda Chicha, unha iniciativa de Radio Líder Santiago e Chichalovers para apoiar e dar visibilidade ao talento musical emerxente galego, coa colaboración de Quincemil e Arde Música A historia de Amaramar está intimamente ligada a Galicia e ao seu mar. A banda, gañadora da segunda convocatoria de Onda Chicha, foi protagonista nos micrófonos de Radio Líder Santiago nunha entrevista na que o seu vocalista e compositor, Enric Pellicer, compartiu a orixe […]

today15 diciembre, 2025

Actualidad

Lisdexia, protagonista do primeiro Onda Chicha da tempada

A iniciativa ONDA CHICHA, impulsada por Chichalovers e Radio Líder Santiago, xa ten os gañadores da primeira fornada: LISDEXIA, un grupo muradano que tece un son propio e contundente, mesturando garage-punk con toques de música tradicional, pop e mesmo funk. O resultado é un estilo enérxico, fresco e inconfundible, pensado para prender as pistas e facer tremer os escenarios. Moi pronto poderase escoitar a súa entrevista en Radio Líder Santiago e ler a crónica en Quincemil Santiago, ademais de desfrutar […]

today30 octubre, 2025

Actualidad

Radio Líder e Chichalovers lanzan “Onda Chicha” para impulsar o talento musical galego emerxente

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar neste proxecto que combina radio, gastronomía e música. As primeiras candidaturas poderán presentarse ata o 28 de outubro, e o prazo abrirase cada mes ata marzo. Radio Líder Santiago e Chichalovers unen forzas para poñer en marcha “Onda Chicha”, unha iniciativa que quere dar voz e visibilidade ás novas bandas e artistas galegos. O proxecto busca apoiar o talento local ofrecendo unha plataforma real de promoción, con entrevistas en radio, gravacións […]

today14 octubre, 2025

AD